Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Novo chamamento en Ourense para rachar estereotipos de xénero en tecnoloxías e ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Novo chamamento en Ourense para rachar estereotipos de xénero en tecnoloxías e ciencia

Redacción
Publicado: 04/02/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

mulleres_ciencia_acto_xornada_ourense.jpgOnte celebrouse en Ourense, no CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel, unha xornada de divulgación e de reivindicación das contribucións femininas ao impulso na historia das tecnoloxías e da investigación. A cita, a cabalo entre o institucional e o formativo, tamén tivo un claro compoñente clarificador: tratouse de botar abaixo, novamente, as falsas ideas preconcibidas que arraigaron na nosa sociedade tentando convencer á mocidade de que a informática e a ciencia deberan ser uns terreos fundamentalmente masculinos.
Participaron na xornada Mulleres referentes na ciencia en Galicia o vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, a catedrática en farmacoloxía e premio María Josefa Wonenburger, Mabel Loza; e a catedrática de inmunoloxía e directora do Centro de Investigacións Biomédicas da Universidade de Vigo, África González, amais da secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella.
Todas elas coincidiron na necesidade de xuntar forzas para “rachar cos estereotipos de xénero en todos os ámbitos e, nomeadamente, naqueles relacionados coa ciencia e a tecnoloxía, onde aínda persiste a fenda de xénero”.
O vicepresidente lembrou que a Xunta ten posto en marcha diversas iniciativas para integrar a perspectiva de xénero na educación en xeral, e de forma específica no ámbito da ciencia. Diste compromiso, sinalou, abrollaron a Unidade de Muller e Ciencia ou os Premios María Josefa Wonenburger destinados a recoñecer a traxectoria de mulleres destacadas no eido científico.
Na xornada tamén interveu, como dixemos, Mabel Loza, quen tamén tivo cousas importantes que dicir sobre o papel que debe xogar a muller nos devanditos ámbitos: “A presenza masculina é moi global na ciencia, non é só cousa dun país, e isto implica cousas cousas como que investigar siga sendo máis doado para eles que para elas, con todo hai que recoñecer importantes logros das mulleres, con melloras espectaculares grazas a diversas iniciativas de igualdade”. Porén, recoñeceu que “queda moito camiño por percorrer” e que segue a haber machismo nas novas xeracións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?