Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación retransmitirá en streaming os campionatos de baristas de Foz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación retransmitirá en streaming os campionatos de baristas de Foz

Redacción
Publicado: 04/02/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

deputacion_lugo_baristas_foz-2.jpgA Mariña de Lugo ten dende hai anos unha importante xanela na que mostrarse ao mundo: os Campionatos Internacionais de Baristas de Foz, un certame de expertos en café que xunta cada ano as máis relevantes promesas do sector da hostalería e algúns dos máis reputados expertos do sector do ámbito galego, estatal e internacional. O acontecemento ten tamén unha importante repercusión nas redes, da man da Deputación de Lugo e o seu Servizo de Audiovisuais (a través do Centro de Formación Audiovisual). Este ano non será unha excepción.
A entidade provincial deu a coñecer hoxe os detalles da súa colaboración, que se vai materializar en accións concretas como a retransmisión en streaming das diferentes partes do evento. O Campionato de Baristas, para quen non o saiba, vén da man do IES de Foz.
Estes datos foron achegados hoxe pola deputada de Turismo, Pilar García Porto, xunto ao deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, o alcalde de Foz, Fran Cajoto e o director do IES da localidade lucense, Nicolás Asensio.
Na presentación dos diferentes eventos, un total de catro (a edición número trece do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, a oitava convocatoria do Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería, o oitavo Campionato Internacional de Baristas Profesionais e a primeira edición do Campionato Internacional de Catas de Cafés de Profesionais), García Porto explicou que amais da cobertura tecnolóxico-audiovisual, a Deputación achegará ao seu apoio ao certame cunha achega económica de 3.000 euros. Tamén lembrou que os diferentes campionatos celebraranse a vindeira semana, entre o mércores e o venres, no devandito centro educativo da Mariña.
No acto de presentación celebrado hoxe, as alumnas Perla Daniela Sención, que representará á Escola de Hostalaría focense no Campionato de Baristas, e Iria Pardo, no de Catas, prepararon unha degustación de cafés para os asistentes, e demostraron o gran nivel formativo deste centro focense.
O alumnado de segundo de Realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, será o encargado da emisión por streaming dos campionatos, nos que participarán 13 Escolas de Hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, Euskadi e Castela e León, e 14 profesionais do sector que, por primeira vez, competirán na cata de cafés. As competicións poderán seguirse en directo a través de YouTube.
No acto de hoxe tamén interveu o deputado Pablo Rivera, quen sinalou que a Deputación “continúa coa colaboración que iniciou a antiga Fundación TIC hai máis de dez anos”. Desta volta, serán os estudantes do Servizo de Audiovisuais (Centro de Formación Audiovisual), a antiga Fundación TIC, os encargados da retransmisión en streaming das actividades, concretamente o alumnado de segundo de Realización. Segundo sinalou Pablo Rivera, nesta experiencia os estudantes “terán que enfrontarse a todos os condicionantes dunha emisión en directo e resolver os mesmos problemas que se atoparán cando accedan ao mercado laboral”.
Pola súa banda, o alcalde de Foz agradeceu o apoio da Deputación “para dar visibilidade ao gran traballo do noso IES, do que saen grandes profesionais e que, ademais, anima a outros mozos e mozas a formarse neste centro. Pola súa banda, o director do dito centro educativo, Nicolás Asensio, salientou tamén a importancia da educación pública e agradeceu ao alumnado do SdeA “o seu esforzo”. E engadiu: “Este encontro é unha gran oportunidade para que, tanto vós como os estudantes da nosa Escola, poñades en valor á formación que recibides”.
Tres xornadas e unha novidade
O evento arrancará o mércores, 12 de febreiro, ás 17:30 horas cos Campionatos de Baristas e de Catas de Café das Escolas de Hostalería. O xoves continuará a competición de baristas ás 10:00 e pola tarde, ás 17:30, celebrarase por primeira vez o Campionato Internacional de Catas de Cafés Profesionais. Xa por último, o día 14, ás 9.00 horas empezará o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?