Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Celga 2 poderase cursar en liña a partir de marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Celga 2 poderase cursar en liña a partir de marzo

Redacción
Publicado: 06/02/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

celga_2_en_linha_02.jpgO certificado de acreditación da lingua galega (Celga) universalízase coa posta en marcha do nivel de aprendizaxe 2 (B1) na modalidade de teleformación, tal e como anunciou a Xunta hai un ano, cando avanzou que antes do remate da lexislatura estarían implementados e en funcionamento todos os cursos preparatorios das probas de acreditación dos catro primeiros niveis Celga (ao Celga 5 só se pode acceder mediante a validación de estudos universitarios de especialidade en galego). O vindeiro 16 de marzo arrancan os primeiros cursos en liña preparatorios das probas do Celga 2, que ofrecen un total de 150 prazas distribuídas en cinco aulas virtuais e que requiren matrícula previa gratuíta desde a Sede Electrónica da Administración autonómica ata o 19 de febreiro.
Así o deron a coñecer hoxe pola mañá en conferencia de prensa os secretarios xerais de Política Lingüística e da Emigración, Valentín García, e Antonio Rodríguez Miranda, respectivamente, e a directora da AMTEGA, Mar Pereira, acompañados do responsable da empresa encargada de desenvolver este proxecto, Imaxin, Diego Vázquez Rey.
«Galicia estrea o curso Celga 2 en liña e dá un paso importante completando a oferta formativa en liña destinada ao Celga», sinalou Valentín García durante a súa intervención. O secretario xeral avanzou tamén que os próximos traballos destinados á formación e aprendizaxe do galego mediante o sistema Celga «van centrar esforzos na inclusión para adaptar materiais, recursos e metodoloxías ás diferentes necesidades especiais da cidadanía».
A directora da Amtega destacou que a tecnoloxía elimina os límites temporais e espaciais e as fronteiras, facilitando o acceso a formación desde calquera lugar do mundo. Pereira enmarcou esta iniciativa nas medidas para incrementar os servizos en liña aos galegos, entre eles a teleformación, e tamén nas actuacións para facilitar o acceso universal e a difusión da cultura e a lingua galegas como o portal da lingua, o tradutor Gaio e todas as liñas da Memoria Dixital de Galicia, na que se enmarca a recente posta en marcha do portal de toponimia e a aplicación que permite a colaboración da cidadanía para recompilar e xeorrefenciar os topónimos galegos.
Pola súa banda, o secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, salientou a importancia dunha iniciativa que «pon a disposición de toda a colectividade a aprendizaxe da nosa lingua». «A partir de hoxe, calquera galego en calquera lugar do mundo pode acceder a este curso», incidiu.

Celga 2 en liña

celga_2_en_linha_01.jpgO novo curso Celga 2 en liña completa a oferta formativa en liña do sistema Celga nos catro niveis que se poden acreditar mediante exame, para facilitar o acceso á formación en lingua galega da poboación adulta sexa cal for o lugar onde viva e a ocupación e horario que teña.
Os obxectivos e contidos do curso Celga 2 en liña correspóndense cos do nivel B1 do Marco europeo común de referencia para as linguas (MECRL). Para alcanzar este nivel, o curso emprega textos, vídeos e audios en diferentes tipos de actividades prácticas, de acordo coa pedagoxía construtivista social que o guía e que implica a colaboración, o papel activo do discente e a reflexión crítica. Así, través dunha interface de navegación sinxela, lixeira, eficiente e intuitiva, o alumnado accede a unha das oito unidades do curso, organizadas arredor dunha tarefa principal e divididas en catro bloques: comprender, explorar e reflectir, practicar e comunicar e viaxar. Neles, o alumnado atopará actividades tipo consulta, tarefa, diálogo, chat, foro, glosario, wiki, cuestionario ou reunión, entre outras posibilidades.
O curso Celga 2 en liña axústase aos obxectivos, ao programa e ao contido curricular establecidos para cada un dos niveis sinalados na Orde do 16 de xullo de 2007 pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (Celga). Foron elaborados por un grupo de expertos docentes partindo do manual Aula 2 pero cunha ampla actualización tanto nos textos, nos vídeos como nos audios, adaptados para os deseños de novas actividades máis actualizadas.
Estes curso vanse desenvolver entre o 16 de marzo e o 8 de maio, segundo o recollido na resolución publicada no DOG o pasado 29 de xaneiro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?