Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O préstamo electrónico nas nosas bibliotecas medrou un 62%
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O préstamo electrónico nas nosas bibliotecas medrou un 62%

Redacción
Publicado: 06/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

prestamo_electronico_galicia_bibliotecas_galegas.jpgHoxe celebrouse a xuntanza do Consello de Cooperación Bibliotecaria, que estivo presidida polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo Lorenzo, e que contou coa participación de representantes das bibliotecas de xestión autonómica, das bibliotecas municipais, dos centros privados integrados na Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia, das bibliotecas escolares de ensino non universitario e das asociacións de bibliotecarios. Entre outros datos de interese, no transcurso da reunión deuse a coñecer o importante medre do préstamo electrónico que se está experimentar nos nosos centros de lectura públicos.
Un dos puntos estrela da asemblea foi o balance relativo a 2019 de GaliciaLe, a plataforma de préstamos de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas, que ten como obxectivo “facilitar o acceso de toda a cidadanía á cultura en calquera momento a través dos seus catálogos en galego e castelán”. Segundo se fixo saber, no pasado ano rexistráronse un total de 56.144 préstamos, o que supón un incremento de preto do 62% con respecto ao ano 2018. O número de usuarios activos ascende a preto de 2400 no catálogo galego e supera a cifra de 4900 no catálogo en castelán. “Isto supón unha alza do 34% e do 46% respectivamente en comparación ao 2018”, explicouse na xuntanza, onde Lorenzo tamén fixo fincapé nos esforzos que se están a adicar ao fortalecemento e o desenvolvemento de GaliciaLe, unha iniciativa que viu incrementado o seu orzamento nos últimos anos, o seu número de licenzas e, en consecuencia, a cifra de lectores que puideron acceder a un mesmo título de maneira simultánea.
Na actualidade, a colección desta plataforma está constituída por preto de 4.600 títulos entre libros electrónicos, revistas, películas, audiolibros, libros interactivos e banco de datos. No que se refire aos títulos máis prestados, Infamia, de Ledicia Costas, ocupa o primeiro posto no catálogo galego, e La hija del relojero, de Kate Morton, foi o título máis lido no catálogo en castelán.
Anxo M. Lorenzo tamén deu conta do proceso de implantación do programa de xestión bibliotecaria para a Rede de Bibliotecas de Galicia, Koha, que se atopa na súa terceira fase e que rematará o vindeiro mes de xuño. Segundo fixo saber Lorenzo, este período permitiu a integración de 80 bibliotecas públicas no Catálogo da Rede de Bibliiotecas de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?