Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha xornada do CCG convida a unificar esforzos e tecnoloxías para preservar o tesouro sonoro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha xornada do CCG convida a unificar esforzos e tecnoloxías para preservar o tesouro sonoro

Redacción
Publicado: 06/02/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ccg_xornadas_son.jpgO noso patrimonio sonoro, un ben a conservar, está en perigo polas dificultades para a súa conservación, pola disparidade dos mapas documentais existentes, pola contaminación acústica e polas complexidades que guinda a diferenciación entre o que son ruídos permitidos legalmente do que non. Esta foi unha das grandes conclusións ás que se chegou esta semana no transcurso das xornadas Os arquivos sonoros: memoria e patrimonio, organizadas polo Consello da Cultura Galega e inauguradas pola súa presidenta, Rosario Álvarez, quen avogou pola importancia de “comprender o son como un ben patrimonial”.
Para isto, lembrou, existen hoxe en día múltiples ferramentas tecnolóxicas que nos poden axudar na preservación e na divulgación. O problema, lembrouse nas xornadas é a vontade común de rexistrar e a falta de sensibilización ao respecto.
No marco desta xornada falouse do son como “elemento identitario necesario na preservación da memoria”, pero tamén de aspectos cotiás como a Lei de Contaminación Acústica (máis coñecida como “lei do ruído”). Neste eido, o investigador da Universidade de Oviedo, Javier Suárez, cuestionou na súa intervención os parámetros que marcan que ruídos son legalmente molestos dos que non. Segundo dixo, a normativa baséase na intensidade, mentres que existen outros criterios como a frecuencia, o ton ou a amplitude que poden ser máis molestos que o ton e perfectamente legais. Na súa intervención defendeu a necesidade de distinguir entre “o son, que escoitas con pracer, e o ruído, que é molesto”.
A memoria e a conservación
Durante dous días (mércores 5 e xoves 6 de febreiro) expuxéronse as dificultades e retos na conservación do son. Sobre este aspecto falaron Miquel Termens Graells, decano da Facultade de Información e Medios Audiovisuais da Universitat de Barcelona, que deu as claves de como almacenar un documento sonoro para o futuro; e Ángeles Afuera, a que foi directora dos arquivos da Cadena Ser e investigadora da Universidade Complutense de Madrid que apuntou a pertinencia da radio pode como fonte documental sonora.
A xornada completouse cunha mesa redonda na que se viu a disparidade e falta de homoxeneidade de tres proxectos: os mapas sonoros de Euskadi, Galicia e do proxecto portugués Natural soundscapes in a changing world.
A experiencia
O programa reservou a tarde do mércores ao que se cualificou como “a experiencia sonora compostelá”, unha xeira de rexistro á que se convidou a participar as persoas inscritas neste seminario: un total de trinta voluntarias e voluntarios, seguindo as indicacións de Xosé Ramón Pousa, un dos impulsores das xornadas. A proposta consistiu en gravar de maneira simultánea o son ambiente en corenta puntos do casco histórico compostelán cunha serie de indicacións e pautas. O son da campá da Berenguela foi o elemento integrador en toda a actividade, que se desenvolveu entre as 16.55 e as 17.05 horas e que está previsto subir ao Mapa Sonoro de Galicia posto en marcha e mantido polo Consello da Cultura.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?