Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ames brinda un completo programa de cursos TIC para os meses de febreiro e marzo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ames brinda un completo programa de cursos TIC para os meses de febreiro e marzo

Redacción
Publicado: 07/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

home-page-easy-fast-paperless-2.jpgA aula CeMIT de Ames vén de anunciar a programación de novos cursos para os meses de febreiro e marzo. A axenda formativa inclúe cursos para adultos e menores. En canto aos primeiros, a listaxe de actividades inclúe unha de mecanografía e outra de manexo de aplicacións para o móbil. En marzo, comezaran dous ciclos de introdución ao uso do ordenador: un de iniciación á informática, no que se aprenderá a usar o rato e teclado, o sistema operativo e a súa interface; e outro de iniciación á Internet, onde se mostrará como manexar Internet e os seus buscadores para acceder a toda clase de páxinas e servizos.
Ademais, en febreiro proseguirase cos cursos destinados a introducir á veciñanza na suite ofimática LibreOffice, con dúas actividades formativas sobre o procesador de textos LibreOffice Writer (un de iniciación e outro máis avanzado, para os cales só pode apuntarse en lista de agarda) e outros dous de follas de cálculo que xa se desenvolverán en marzo.
cartel_aula_cemit.jpgEn canto ás accións destinadas a menores, programouse un curso de informática para nenos/as de nivel básico, e dous de mecanografía, un para menores de 10 anos e outro para maiores desa idade (ambos coas prazas cubertas). Asemade, con motivo da celebración das festas de Entroido desenvolverase varios obradoiros lúdicos e educativos para que as nenas e nenos avancen na súa formación mentres se divirten e desenvolven actividades de carácter máis lúdico. Entre eles, un obradoiro sobre como dominar o rato no Paint, un de programación con Scratch e outro de fotomontaxes sinxelas.
Cursos de teleformación para a preparación exame CODIX
Dende o martes 4 de febreiro abrirase o prazo para o curso de teleformación para a preparación do exame CODIX. Este curso dunhas 200 horas será en modalidade online na plataforma EMA e só ten como requisito ser maior de 16 anos e estar rexistrado nunha aula CeMIT.
Charlas FEGAUS
As charlas FEGAUS (Federación Galega de Asociacións Universitarias Seniors), xirarán en marzo en torno ao tema do turismo e a tecnoloxía. As tres que están programadas son: O kit online de viaxe, Descobre a través a rede de actividades de lecer na túa cidade sen gastarse unha fortuna e Reserva as túas viaxes e actividades de ocio a través de Internet.
Exames EMA
A programación da aula CeMIT de Ames tamén inclúe a realización de dous exames EMA, que consisten nunha proba presencial que se precisa para acadar o diploma en determinados cursos de teleformación do Espazo Multimedia de Aprendizaxe CeMIT. Serán o venres, 14 de de febreiro, de 17:30 a 18:30 horas, e o venres, 13 de marzo, en horario de 12.00 a 13.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?