Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O alumnado galego dispón de programas específicos para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O alumnado galego dispón de programas específicos para o impulso das vocacións científico-tecnolóxicas

Redacción
Publicado: 07/02/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

20200207_premio_stephen_hawking.jpgNo acto de entrega da III edición do Premio Stephen Hawking a investigadores mozos que promove o IES Plurilingüe Rosalía de Castro (Santiago de Compostela) e que desta vez tiña como eixo temático de desenvolvemento de proxectos a exploración, e a Teresa Rodrigo, física do Comité de Política Científica do Laboratorio Europeo de Física de Partículas (CERN) como referente e motivación, a conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, Carmen Pomar, salientou o compromiso do seu departamento coa promoción das vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado galego mediante o deseño de programas específicos que lles faciliten a incorporación e adaptación ás ensinanzas universitarias, e incorporando a perspectiva de xénero.
Este galardón foi creado co obxectivo de difundir a cultura científica entre o alumnado, recoñecendo os mellores traballos de investigación e divulgación científica realizados por estudantes de 4º curso de ESO e de Bacharelato de centros escolares de toda Galicia.
Na súa intervención, a conselleira Carmen Pomar, ademais de felicitar aos galardoados e aos 24 equipos finalistas desta edición, subliñou que este tipo de actos están na liña da aposta da Consellería de Educación por promover as vocacións científico-tecnolóxicas entre o alumnado, «en conexión coas universidades, e tendo en conta a perspectiva de xénero».
Este é o principal obxectivo da Estratexia Galega para a Educación Dixital, Edudixital 2020, ao abeiro da cal a Consellería de Educación está executando un paquete de medidas nesta liña como o STEMBach, o Bacharelato de Excelencia en Ciencia e Tecnoloxía, que neste curso teñen incorporado 31 centros escolares de toda Galicia que suman 560 alumnos; a introdución de Robótica en Primaria (con kits que chegan a un total de 178 centros públicos); os Clubs de Ciencia (119 centros neste curso); os Espazos Maker (implantado en 20 centros), o campamento científico-tecnolóxico en inglés (STEMweek) e a Semana STEM.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?