Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Día da Muller e da Nena na Ciencia celebrarase na UVigo con múltiples actividades
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Día da Muller e da Nena na Ciencia celebrarase na UVigo con múltiples actividades

Redacción
Publicado: 07/02/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_previacientec.jpgEste martes 11 de febreiro conmemórase o Día Internacional da Muller e da Nena na Ciencia, unha celebración para visualizar e reivindicar as contribucións femininas na investigación e na tecnoloxía e, tamén, para tirar abaixo os muros que lles impiden ás mozas acceder ás carreiras STEM. Segundo informa a Universidade de Vigo, a xornada vivirase dun “xeito moi especial nos laboratorios das tres escolas de enxeñaría do Campus de Vigo, do CINBIO e máis da ECIMAT”. Nestes espazos, as investigadoras que alí traballan compartirán con máis de 250 alumnas de ESO de diferentes centros da provincia de Pontevedra os moitos motivos para elixiren estudos científicos e tecnolóxicos.
Todas as actividades (obradoiros, conferencias, charlas…) agrúpanse nunhas xornadas bautizadas como Elas fan CienTec 2020 e todas teñen como obxectivo mostrar o traballo das mulleres nestes eidos, crear roles femininos no eido da ciencia e da enxeñaría e promover prácticas que favorezan a igualdade de xénero.
Amais, as celebracións continuarán o día 12 no Campus de Ourense coa III Xornada Exxperimenta en Feminino, que vén con 14 obradoiros prácticos nos que participarán 300 escolares.
A maiores de todas estas actividades nos Campus de Vigo e Ourense, ao longo de todo o mes, 26 investigadoras e un investigador da UVigo acudirán a 29 centros educativos de toda Galicia para ofrecer 41 charlas sobre o seu traballo e sobre o papel da muller na ciencia e na tecnoloxía.
cartel_muller_e_nena_na_ciencia1.jpg As actividades do ámbito científico vanse concentrar no Centro de Investigacións Biomédicas, CINBIO, e na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, pertencente ao Centro de Investigación Mariña (CIM). No primeiro celebraranse seis obradoiros nos que se abordarán cuestións como a preparación de nanopartículas de ouro, a comprobacións das propiedades ópticas, os cromosomas sexuais e a herdanza ligada ao sexo… Contarase coa presenza de Amelia Verdejo, profesora de Matemáticas na Universidade de Vigo.
No caso do CIM, celebrarase a devandita data cunha conferencia de Alba Sousa, psicóloga especializada en sensibilización e formación en igualdade e violencia de xénero, e cunha visita ás instalacións da ECIMAT guiada polas técnicas que traballan alí.
No ámbito tecnolóxico cada unha das escolas de enxeñaría do campus organizou os seus propios obradoiros. Na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación ás actividades xirarán entorno aos videoxogos, o funcionamento de internet e os robots Lego Mindstorm. “Imos repetir os mesmos obradoiros que en edicións pasadas porque a valoración que recibimos dos institutos despois da xornada é moi positiva”, explica a profesora Soledad Torres, coordinadora das actividades neste centro, quen fai fincapé en que o principal é que as rapazas regresen á casa vendo a tecnoloxía “como algo útil para a sociedade, divertido e ao alcance das súas posibilidades”.
Na Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía os obradoiros vanse centrar na identificación dos minerais máis comúns; na presentación dos distintos materiais (cerámicos, metálicos, polímeros…) e nunha serie de experiencias prácticas sobre combustión.
En Enxeñería Industrial celebraranse outros tres obradoiros: un sobre termografía infravermella; outro sobre deseño e prototipado e, un terceiro, sobre Open Lab, no que se mostrarán diferentes proxectos de aplicación desta tecnoloxía, entre eles, o monopraza deseñado por UVigoMotorsport.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?