Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COINTEGA e Bionix impulsan un centro demostrador de tecnoloxías RFID para o sector téxtil galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COINTEGA e Bionix impulsan un centro demostrador de tecnoloxías RFID para o sector téxtil galego

Redacción
Publicado: 10/02/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

rfid_textil.jpgA Confederación de Industrias Téxtiles de Galicia (COINTEGA – Clúster Téxtil Moda) e a startup galega Bionix Supplychain Technologies porán en marcha un centro demostrador sobre tecnoloxías RFID (identificación por radiofrecuencia). O obxectivo, en palabras do Clúster, é pór a disposición das empresas as vantaxes que esta tecnoloxía ofrece para a xestión da cadea de subministración”. Esta iniciativa a prol da rastrexabilidade e a xestión optimizada de recursos é o primeiro froito do convenio de colaboración que asinaron ambas as entidades, e que prevé desenvolver ao longo de dous anos unha serie de iniciativas de formación, difusión e promoción das novas tecnoloxías para a mellora da eficiencia e a produtividade do sector téxtil galego.
O centro demostrador situarase en TEXVIGO, e nel, indicaron, presentarase o ciclo completo da cadea de subministración do sector téxtil-moda, “dende a saída do provedor ata a tenda”. A través dos recursos que poña en xogo, os usuarios poderán coñecer o proceso de xeración de etiquetas intelixentes e familiarizarse con dispositivos RFID deseñados e fabricados en Galicia. Poderán, tamén, experimentar o funcionamento da plataforma na nube e a aplicación móbil desenvolvida por Bionix, “probando en tempo real o impacto que esta tecnoloxía pode ter nos seus negocios”.
Outro dos obxectivos básicos deste proxecto completo é achandar o terro para a adopción e universalización destes sistemas no tecido empresarial galego, unhas tecnoloxías RFID que supoñan fortes investimentos, polo que estaban unicamente ao alcance das grandes multinacionais. Con todo, Bionix logrou dimensionar as solucións, adaptándoas ás posibilidades financeiras das pequenas e medianas empresas.
O convenio
O acordo de colaboración subscrito entre COINTEGA e Bionix ten unha duración prevista de dous anos, que poderán ser prorrogados. Ademais da posta en marcha do centro demostrador RFID, prevé a participación conxunta en proxectos e programas de investigación, o desenvolvemento de programas de formación sobre novas tecnoloxías aplicadas ao sector téxtil, e o asesoramento ás empresas asociadas a COINTEGA.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?