A Concellería de Igualdade e Participación da Coruña, a través do Centro Municipal de Información Xuvenil (CMIX), vén de abrir unha canle de comunicación para a xente nova na que establecer novas e mellores vías de diálogo e participación, poñendo o foco nunha ferramenta especialmente presente nas súas vidas: a aplicación de mensaxes instantáneas WhatsApp. A nova canle chámase Como vai? e, como, dixemos, está destinada á mocidade, e por extensión, a resolver as súas dúbidas concretas sobre calquera tema que sexa do seu interese”.
O número de teléfono para utilizar este servizo, que xa está operativo, é o 606 362 366 e o horario de atención está operativo de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, aínda que as usuarias e usuarios, segundo informa o CMIX, poden enviar mensaxes a calquera hora do día.
O horario de atención no mes de agosto será de 9.30 a 14.30 horas. Este número de teléfono, atendido polo persoal do CMIX, só funciona para as consultas por WhatsApp, xa que o número telefónico deste centro municipal segue a ser o 981 184 294.
A través deste novo servizo, o centro que facilitar “a resolución de dúbidas concretas sobre calquera temática”
A Concellería quere destacar que non se trata dunha canle de difusión de información, senón de “resolución de dúbidas de temática xuvenil como estudos, bolsas e axudas, tempo libre, carnés xuvenís, etc”.
O CMIX da Coruña abre unha nova canle para a mocidade a través de WhatsApp
Compartir Este Artigo

