Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gradiant e Energylab gañan o reto 4.0 de Cofrico en Galicia Open Future
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gradiant e Energylab gañan o reto 4.0 de Cofrico en Galicia Open Future

Redacción
Publicado: 11/02/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galicia-open-future-reto-cofrico.jpgO desafío mandando pola empresa Cofrico ao abeiro do centro de crowdworking de Telefónica na nosa terra, Galicia Open Future, xa teñen gañadores. Trátase dos centros tecnolóxicos Gradiant e Energylab, cuxa proposta permitirá automatizar e simplificar o mantemento intelixente e preditivo dos sistemas de eficiencia enerxética devandita firma lucense de refrixeración e climatización. De feito, o desafío consistía en convidar ao sector galego (empresas, entidades, centros tecnolóxicos, etc) a achegar solucións para mellorar a interacción entre as plantas industriais de Cofrico, que ten sedes en Burela, Bergondo e O Porriño.
A proposta conxunta de Gradiant e Energylab foi seleccionada entre as 10 propostas finalistas para dotar a Cofrico dunha solución que optimizase o traballo conxunto das súas diferentes instalacións e avanzar no seu proceso de transformación dixital cara a Industria 4.0, facendo máis eficiente a análise dos datos xerados na súa planta de clientes, algo que segundo Gradiant resultaba “altamente complexo nestes momentos” dado que “o sistema aliméntase de distintas fontes de datos que proveñen de diferentes equipos instalados”.
Durante os próximos meses Gradiant e Energylab desenvolverán o piloto coa empresa lucense, contando co apoio da Axencia Galega de Innovación (GAIN). Ademais, participarán nun programa de aceleración integrado no ecosistema Open Future de Telefónica.
En palabras de Antía Fernández, codirectora de Sistemas Intelixentes en Gradiant, a solución achegada polos dous centros tecnolóxicos é un xeito de apostar pola convivencia entre sistemas antigos e novos: “Este proxecto é un exemplo da aplicación de capacidades de conectividade e intelixencia a PLCs e maquinaria pre-existentes, poñendo en xogo importantes compoñentes de sustentabilidade, análise automática e prescrición de accións para permitir máis eficiencia a Cofrico”. Segundo engade, “este proxecto supón un referente de innovación aberta, ademais da participación no programa Galicia Open Future, consolida unha colaboración entre os dous centros tecnolóxicos: Energylab e Gradiant”.
Cofrico expuxo o reto dentro do programa Galicia Open Future para converter a súa plataforma de Industria 4.0 (Cofriview365) nun software de mantemento intelixente, con ampla marxe para traballar en clave preditiva e con sistemas de Intelixencia Artificial que fagan evolucionar as súas funcionalidades, partindo do desafío que supón a dificultade na lectura e monitoraxe dos datos.
Gradiant incorporará ao proxecto tecnoloxías de análise de datos e Internet of the Things (IoT) para capturar e identificar os sinais descoñecidos que reciben os equipos de Cofrico, saber a que tipo de dispositivo están conectadas, coñecer a tipoloxía da sonda (presión, temperatura, etc.) e interpretar os valores que envían para automatizar a xestión dos datos. Pola súa banda, Energylab incorporará o seu coñecemento en enerxía para pór en valor e liquidar as necesidades de eficiencia enerxética que sofre Cofrico.
Coa súa participación na edición Retos Industria 4.0, Cofrico súmase ao grupo de grandes empresas galegas (formado por Pescanova, Finsa, Coren e CITIC Censa) que ata o momento lanzaron retos dirixidos a emprendedores, startups, PEME e organismos de investigación de todo o mundo, a través do programa Galicia Open Future de Telefónica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?