Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 250 estudantes de Secundaria e Bacharelato celebraron coa UVigo o Día da Muller na Ciencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 250 estudantes de Secundaria e Bacharelato celebraron coa UVigo o Día da Muller na Ciencia

Redacción
Publicado: 11/02/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_dia_nena_ciencia.jpgAs nosas universidades celebraron este 11 de febreiro o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia e fixérono cun máis que completo programa de actividades nunha manchea de facultades e centros de investigación. No caso da Universidade de Vigo, festexouno con obradoiros de robótica, de programación, de videoxogos e experimentos variados no Centro de Investigación Biomédica, na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla e nas escolas de Telecomunicación e Minas. Todo compartiu o mesmo nexo común: fai falta botar abaixo os atrancos, sexan os que sexan, que impiden ás mozas ter máis presenza nas carreiras STEM (Ciencias, Tecnoloxías, Enxeñaría e Matemáticas).
A Universidade de Vigo abriu este martes 11 de febreiro as portas dos seus laboratorios a máis de 250 alumnas de ensino secundario e bacharelato e celebrou con elas o Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia. Baixo o título xenérico Elas fan CienTec 2020, xuntáronse coas científicas e coas enxeñeiras dos campus vigueses (Vigo, Pontevedra, Ourense) para compartir experiencias e coñecemento. E, tamén, para pór de manifesto o importante que é deixarse levar pola paixón pola investigación.
Houbo actividades nas tres escolas de enxeñaría do campus, no CINBIO e tamén na ECIMAT e, en cada un destes lugares, organizáronse para as mozas diferentes actos de benvida, nos que participaron as coordinadoras dos obradoiros e diferentes responsables universitarias como a vicerreitora de Comunicación e Relacións Institucionais, Mónica Valderrama; a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez; a directora da Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, Elena Alonso, ou a responsable da Área de Investigación, Ana Bernabeu.
uvigo_dia_nena.jpgNa Escola de Enxeñaría de Telecomunicación recibiunas a directora da Unidade de Igualdade, Águeda Gómez, e a profesora Soledad Torres, coordinadora dos obradoiros neste centro. “Trátase de que vexan como se traballa nos nosos laboratorios, tanto nos científicos como nos tecnolóxicos, para animalas a que opten por orientar a súa formación a todo o ámbito das STEM, xa que no futuro caso o 90% dos traballos van a pertencer a estes ámbitos e, se as mulleres non estamos, a fenda económica e salarial vaise seguir incrementando cada vez máis”, explicou Gómez, poñendo o foco na necesidade de botar abaixo os estereotipos de xénero, “moi presentes tanto nos medios de comunicación como nas redes”.
Na cita na Escola tamén interveu Soledad Torres, enxeñeira de Telecomunicación, quen dixo que “o problema que temos agora mesmo é que as rapazas non lle gustan estas carreiras, non lles apetece involucrarse en profesións que teñen que ver con ciencia e tecnoloxía”. Na súa presentación ante un grupo de 35 alumnas do IES Castelao de Vigo, Torres subliñou a relevancia dunha situación que, de non solucionarse, seguirá a provocar que vivamos nunha sociedade cada vez menos igualitaria.
Como dixemos ao comezo, o encontro celebrado na EE de Telecomunicación complementouse cun obradoiro de robótica con enxeños Lego. Esta actividade enriqueceuse cos obradoiros celebrados na Escola de Enxeñaría de Minas e da Enerxía, nos que participaron 52 alumnas do IES Alexandre Bóveda de Vigo e na Escola de Enxeñería Industrial 48 do IES Pedro Floriani de Redondela. Entre os dous centros organizaron outros seis obradoiros cos que as alumnas tiveron a oportunidade de facerse unha idea do tipo de traballos que se levan a cabo nestes centros e que inclúen dende identificación de minerais e materiais, ata cuestións relacionadas con termografía infravermella, deseño e impresión 3D ou robótica colaborativa.
As actividades do ámbito científico concentráronse no Centro de Investigacións Biomédicas, CINBIO, e na Estación de Ciencias Mariñas de Toralla, pertencente ao Centro de Investigación Mariña (CIM). No primeiro celebráronse seis obradoiros nos que se abordaron cuestións como a preparación de nanopartículas de ouro, a comprobacións das propiedades ópticas, os cromosomas sexuais e a herdanza ligada ao sexo… Participaron medio cento de alumnas do IES Val do Tea de Ponteareas e, antes de arrancar cos obradoiros, asistiron a unha pequena charla inaugural a cargo da profesora Amelia Verdejo.
No caso da ECIMAT, organizouse unha pequena conferencia de Alba Sousa, psicóloga especializada en sensibilización e formación en igualdade e violencia de xénero, e unha visita guiada á que asistiron 40 alumnos e alumnas de 1º de bacharelato de Bioloxía e Cultura Científica do IES Vilalonga.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?