Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo comparte experiencias de innovación audiovisual coa súa homóloga de Guipúscoa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo comparte experiencias de innovación audiovisual coa súa homóloga de Guipúscoa

Redacción
Publicado: 12/02/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

depu_lugo_oliver_laxe.jpgA Deputación de Lugo está a impulsar a innovación no seu Centro de Formación Audiovisual, non só aplicada aos contidos que imparte e ás metodoloxías e equipamentos que emprega, senón tamén no que se refire á súa xestión. Por este motivo, o deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera, acompañado pola directora da dita escola, Margarita Soilán, visitaron esta semana a sede da Escola de Cine Elías Querejeta (EQZE) da Deputación de Guipúscoa, co obxectivo de coñecer in situ o método docente deste centro, creado en 2017, e que en tres anos “converteuse nun referente no eido da formación cinematográfica”, segundo lembrou a entidade provincial lucense.
Convidados polo deputado de Cultura, Denis Itxazo, que vén de ser nomeado esta mesma semana delegado do Goberno en Euskadi, e polo director da Escola, Carlos Muguiro, tamén estiveron acompañados polo director galego Oliver Laxe, que, como lembraremos, vén de acadar un importante éxito internacional, de crítica e de público, con O que arde, rodada na montaña de Lugo co apoio, precisamente, da Deputación lucense. Laxe, por certo, está a impartir esta semana no centro de formación vasco a materia Azar e control dentro do postgrao de Creación. Laxe é ademais un dos impulsores de que a Deputación se estea a reformular o modelo educativo do seu Centro de Formación Audiovisual.
Durante a visita mantiveron encontros co director do Festival de Cine de San Sebastián, José Luis Rebordinos, co responsable de Audiovisuais do Tabakalera Centro Internacional de Cultura Contemporánea, Víctor Iriarte, e co responsable de cultura do Diario Vasco, Alberto Moyano.
Pablo Rivera salientou que “en Lugo temos moito talento audiovisual, como quedou acreditado co recoñecemento a profesionais lucenses nos Premios Goya, nos Premios Feroz ou no Festival de Cannes”. Amais, engadiu que “desde a Deputación apostamos por manter ese talento na nosa provincia e mesmo atraer talento de fóra, e avanzar en novos proxectos educativos para asentar poboación nova en Lugo; estamos estudando adaptar o modelo docente da nosa escola ás novas demandas formativas do sector, por iso queremos coñecer o funcionamento da EQEZ, un centro internacional de pensamento, investigación, práctica experimental e innovación pedagóxica, que apoia aos creadores de ámbito audiovisual e pretende asentar unhas bases sólidas para un sector de gran potencial no territorio”.
Titoría e acompañamento dos proxectos
Creada e financiada pola Deputación Foral de Guipúscoa, na EQZE participan a Filmoteca Vasca, o Festival de Cine de San Sebastián e Tabakalera Centro Internacional de Cultura Contemporánea, cos que comparte edificio. Trátase dun proxecto pedagóxico que inclúe tres programas de postgrao: Arquivo, Comisariado e Creación. O profesorado está formado por profesionais do cinema de acreditado prestixio nas tres áreas. Ademais, desde 2019 a Universidade do País Vasco recoñece estes postgraos como mestrados propios.
Aposta pola marca Lugo no mundo audiovisual
Rivera Capón lembrou que a Deputación aposta pola formación da mocidade lucense como unha das vías de futuro e riqueza para a provincia: “Faino desde hai anos apoiando ao Campus Terra e tamén co Centro de Formación Audiovisual, a antiga Escola de Imaxe e Son de Lugo, onde impartimos unha formación técnica de ensinanzas da rama audiovisual, única na provincia”.
Asemade, incidiu na vontade da institución por converter a provincia nun plató de cinema: “Os exemplos máis recentes son o patrocinio das rodaxes de O sabor das margaridas ou Arima, e a nosa participación nas multipremiadas O que arde, Dhogs e A sombra da lei”.
Proxecto aberto e en permanente construción
A Escola EQZE está formulada como un proxecto pedagóxico aberto e “en construción permanente”. O seu obxectivo final é formar cadros técnicos á marxe dos modelos docentes tradicionais e estandarizados, estimulando o xurdimento de cineastas cunha mirada integral do cine, “capaces de xerar realidades cinematográficas novas desde os puntos de vista laboral, conceptual, creativo ou profesional”. Os itinerarios son postgraos nos que se combina a docencia, a práctica experimental, os tránsitos profesionais e o desenvolvemento de proxectos persoais.
A parte docente consta de seis módulos, cada un ten unha duración de cinco ou sete semanas, e posúe a súa propia coherencia pedagóxica, de tal xeito que todas as actividades xiran en torno a un tema central. Entre módulo e módulo contémplase unha semana sen clases nin sesións presenciais na escola, destinada ao traballo persoal e ás prácticas profesionais. O alumnado realiza ao longo do curso un mínimo de 100 horas de prácticas profesionais na Filmoteca, no Festival e no Centro Cultural de Tabakalera, así como un proxecto que é titorizado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?