Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e o alumnado da súa escola audiovisual levan ás redes o certame de baristas de Foz
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e o alumnado da súa escola audiovisual levan ás redes o certame de baristas de Foz

Redacción
Publicado: 13/02/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_lugo_baristas.jpgEste xoves celebrouse no IES de Foz a edición número trece do Concurso Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería. Na cita participaron a deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro, e o deputado de Participación Cidadá, Roberto García, que fixeron entrega de varios premios do certame, organizado polo instituto mariñán, para o que a Deputación de Lugo achega 3.000€. O concurso foi retransmitido un ano máis en directo, a través de tecnoloxía streaming, pola Escola de Servizos Audiovisuais do ente provincial, que achegará contidos do evento ás redes sociais. Esta edición do concurso conta coa participación de alumnos de 13 escolas de hostalería de Galicia, Asturias, Cantabria, País Vasco e Castela e León.
Gañadoras e gañadores
Xoel Carreira Campa, do centro de formación profesional Paseo das Pontes da Coruña, foi o gañador do campionato internacional de baristas na categoría de escolas de hostalería. A segunda clasificada foi a alumna da escola vasca de Gamarra Maialen Delgado Fernández de Arroyabe e o terceiro premio levouno a representante da escola de hostalería focense, Perla Daniela Sención. No transcurso do certame, os participantes elaboraron os seus cafés de diferentes formas e aplicando as técnicas, habilidades e coñecementos adquiridos. As mostras foron avaliadas por unha vintena de xuíces, encargados de facer a degustación e valorar aos participantes.
Programa do venres
Este venres 14 de febreiro ás 9:00 horas, a XXIII edición deste concurso de baristas rematará co VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais e unha charla, ás 14:00 horas, co enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía, que falará do cultivo biotecnolóxico do café. Un día máis, haberá degustacións de repostería e café de 9:30 a 13:00 horas abertas ao público.
Catro eventos nun único escenario
En termos máis concretos e para clarificar conceptos, Foz está a acoller estes días un total de catro acontecementos: a edición número trece do Campionato Internacional de Baristas de Escolas de Hostalería, a oitava convocatoria do Campionato Internacional de Catas de Cafés de Escolas de Hostalería, o oitavo Campionato Internacional de Baristas Profesionais e a primeira edición do Campionato Internacional de Catas de Cafés de Profesionais.
O alumnado de segundo de Realización, baixo a supervisión de docentes e técnicos, está a ser o encargado da emisión por streaming dos campionatos. Os estudantes, grazas á participación da Deputación de Lugo nos ditos eventos, afrontan a cobertura dixital dos mesmos con todos os condicionantes dunha emisión en directo e resolvendo os mesmos problemas que se atoparán cando accedan ao mercado laboral.
Tres xornadas e unha novidade
O evento arrancou o mércores, 12 de febreiro, ás 17:30 horas cos Campionatos de Baristas e de Catas de Café das Escolas de Hostalería. Hoxe pola mañá proseguiu a competición de baristas e pola tarde, ás 17:30, celebrouse por primeira vez o Campionato Internacional de Catas de Cafés Profesionais. Xa por último, o día 14, ás 9.00 horas empezará o VIII Campionato Internacional de Baristas Profesionais.
O encontro tamén inclúe dúas charlas. A primeira, o xoves ás 13:00 horas, leva por título Un café, un método, un cocktail, a cargo de Willy Gómez de Astro Café Roasters, e a segunda, o venres, ás 14:00 horas, o enxeñeiro agrónomo Juan Rodríguez Urquía falará do Cultivo biotecnolóxico do café. As dúas últimas xornadas haberá degustacións de repostería e café de 9:30 a 13:00 horas que estarán abertas ao público.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?