Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O proxecto SICAPTOR, no que participa o CESGA, acada importantes fitos en pesca sustentable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O proxecto SICAPTOR, no que participa o CESGA, acada importantes fitos en pesca sustentable

Redacción
Publicado: 13/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sicaptor2.jpgO proxecto SICAPTOR, destinado a introducir na pesca tecnoloxías avanzadas para avanzar en rendibilidade e sustentabilidade, vén de chegar ao seu remate tras un ano de investigación e intenso traballo arredor dun sistema electrónico de documentación de capturas totais que faga posible a xestión en liña, eficiente, dos recursos pesqueiros. O proxecto estivo coordinado polo Grupo de Enxeñaría de Procesos do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM). Como socios participou o Instituto Español de Oceanografía (IEO), o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a Organización de Produtores de Pesca do Porto e Ría de Marín (OPROMAR). Segundo indican, o proceso de investigación rematou con éxito acadándose importantes fitos en materia sustentable.
Amais, contou coa colaboración da a Fundación Biodiversidade, do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, a través do Programa Pleamar, co-financiado polo Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP).
Respecto do cometido do CESGA, socio tecnolóxico do proxecto, centrouse en favorecer recursos ao sistema para o recoñecemento de especies (iObserver), no almacenamento e procesado de imaxes, no desenvolvemento e procesado de algoritmos de aprendizaxe profunda (Deep Learning) utilizando o supercomputador Finisterrae, así como na implantación da Rede Box, a interface que recolle a información alfanumérica procedente do iObserver e de datos do buque. Por último, o CESGA desenvolveu e implantou para SICAPTOR un xeoportal, a ferramenta online para a visualización, a análise e o modelado da información das capturas.
O obxectivo xeral do proxecto SICAPTOR era a mellora do sistema iObserver, dispositivo electrónico que se instala sobre a cinta de triado e obtén fotografías do peixe recollido, analizando cada imaxe para identificar a especie e estimar o tamaño e peso de cada exemplar. Esa información envíase en tempo real a un servidor en terra, onde se analiza e combina con modelos matemáticos para facer predicións do estado da pesqueira e xéranse mapas que permiten visualizar de forma sinxela.
Segundo explican as entidades implicadas, os principais fitos acadados ao abeiro de SICAPTOR foron a mellora do software e hardware do iObserver e a posta en marcha desta plataforma e das ferramentas de xeolocalización na actividade pesqueira. En termos máis concretos, logrouse máis dun 96% de acerto na identificación de 14 especies e un erro absoluto medio dun 4% para estimación do talle; amais os novos algoritmos permiten mellorar a identificación das especies incluídas no catálogo do iObserver.
Os principais beneficiarios destas melloras son os armadores, científicos e/ou lexisladores, quen terán máis facilidades para a toma de decisións en tempo real, identificar aquelas áreas de pesca que minimicen os descartes pesqueiros e desenvolver un regulamento eficiente que garanta a sustentabilidade dos recursos pesqueiros e o cumprimento da obrigación de desembarco.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?