Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Volve #ApuntasTech co obxectivo renovado de fomentar as vocacións tecnolóxicas femininas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Volve #ApuntasTech co obxectivo renovado de fomentar as vocacións tecnolóxicas femininas

Redacción
Publicado: 13/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

moza_programando-4.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a Secretaría Xeral de Igualdade da Xunta de Galicia, o Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), a Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) e a Asociación.GAL lanzan a segunda edición do concurso #ApuntasTech?, o certame destinado a promover vocacións tecnolóxicas femininas e impulsar, deste xeito, a presenza das mulleres nas carreiras STEM, hoxe en día en retroceso.
Máis polo miúdo, o obxecto principal do concurso é “xerar un catálogo de propostas concretas que axuden a espertar o entusiasmo pola tecnoloxía e alentar as vocacións tecnolóxicas temperás, principalmente entre as nenas de 10 a 15 anos (5º e 6º de Primaria e 1º e 2º de Secundaria)”.
Este concurso enmárcase dentro das actividades do oitavo Día das Rapazas nas TIC (International Girls in ICT Day), que se celebrará o vindeiro 23 de abril, día no que se fará pública a decisión do xurado do concurso. Este acto celebrarase no CESGA e será retransmitido en directo a través de Internet.
apuntastech-1920x800-2.jpgToda a información e instrucións para participar no evento está publicada na web da devandita iniciativa conmemorativa.
Gozar as novas tecnoloxías
O certame trata de escoitar e recoller as ideas das e dos protagonistas para gozar das TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) na aula de “forma transversal, variada e inclusiva”. Este catálogo de ideas, informan as entidades convocantes, “será un recurso de gran utilidade para poder traballar as tecnoloxías de forma amena, principalmente na aula, pero tamén fóra dela, en actividades extraescolares, en familia, etc”.
Logo farase unha escolma das mellores propostas e publicarase con licencia aberta para a súa descarga na web do concurso, así como en diferentes acubillos de materiais educativos online.
O obxectivo é achar “propostas divertidas, apaixonantes e innovadoras”, informan as entidades, engadindo que as contribucións deberán ter en común “facer uso das TIC de forma creativa, tanto con software como hardware, onde o uso da tecnoloxía non sexa unicamente o seu obxectivo final, senón un medio, e sexa posible levalas a cabo no contexto escolar (en tempo, orzamento…)”
Bases e máis información
O concurso conta con catro categorías, dúas para estudantes (Primaria –equipos de 2 a 6 nenos e nenas de 5º ou 6º, cun mínimo do 50% de nenas–, Secundaria –equipos de 2 a 6 rapaces e rapazas de 1º a 4º da ESO ou Bacharelato, cun mínimo do 50% de rapazas– e dúas para adultos (centros educativos e outros centros/institucións). Cada categoría conta cun premio principal e dous accésits.
A convocatoria estará aberta para recibir propostas ata o 15 de abril.
As propostas deben enviarse a concurso.apuntastech@cesga.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?