Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A viguesa Alén Space gaña os Premios EmprendedorXXI en Galicia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A viguesa Alén Space gaña os Premios EmprendedorXXI en Galicia

Redacción
Publicado: 14/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

foto_ganador_premio_emprendedorxxi_galicia.jpgA empresa viguesa Alén Space é a vencedora esta ano da edición galega dos Premios EmprendedorXXI, impulsados por CaixaBank, a través de DayOne, a súa división especializada para empresas de tecnoloxías, e co-outorgados polo Ministerio de Industria a través de ENISA, contando coa colaboración, na nosa terra, do instituto IGAPE. Alén Space, firma centrada en servizos avanzados de deseño, fabricación e operatividade de pequenos satélites, amais de desenvolvedora de negocios no espazo, é unha spin-off da Universidade de Vigo que, malia a súa breve historia, xa foi quen de conseguir grandes fitos tecnolóxicos, como os lanzamentos do Xatcobeo (o primeiro nanosatélite español da historia), ou do Lume-1 (o innovador nanosatélite da UVigo para a detección temperá de incendios forestais e soporte dos labores de extinción).
Obra de Alén Space é tamén a materialización, dende a súa sede Porto do Molle (Nigrán) do primeiro CubeSat (estándar de deseño de nanosatélites) enviado pola ONU.
O premio inclúe unha dotación económica de 5.000 euros e o acceso a un programa internacional de acompañamento en Silicon Valley, organizado por ESADE en colaboración coa Singularity University, ou un curso internacional de crecemento empresarial, Ignite Fast Track, da Universidade de Cambridge (Reino Unido).

Foto de grupo dos finalistas do Premio EmprendedorXXI Galicia
Foto de grupo dos finalistas do Premio EmprendedorXXI Galicia
O galardón entregouse no marco da xornada de innovación, tecnoloxía e emprendemento DayOne Innovation Summit, un programa creado por CaixaBank DayOne, que reuniu aos principais axentes do ecosistema emprendedor, tecnolóxico e investidor de Galicia.
O director territorial de CaixaBank en Galicia, Marc Benhamou, e o conselleiro delegado de ENISA, José Bayón, presidiron a entrega do premio e recoñeceron a actitude e a calidade dos proxectos dos emprendedores.
A xornada
Na xornada DayOne Innovation Summit celebrada en Santiago de Compostela, a entidade reuniu a máis de oitenta persoas. Ao seu abeiro celebráronse demostracións, clases maxistrais, relatorios e mesas redondas, nas que diferentes expertos explicaron as novas tendencias no emprendemento e as particularidades de ámbitos de traballo como os negocios avanzados do motor e aeroespaciais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?