Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abren a votación para seleccionar aos gañadores dos concursos de debuxos e microrrelatos da EDG2030
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abren a votación para seleccionar aos gañadores dos concursos de debuxos e microrrelatos da EDG2030

Redacción
Publicado: 14/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

85083693_2729040817143775_6804107582827921408_o.jpgA AMTEGA vén de publicar no seu Facebook as obras seleccionadas como finalistas dos concursos de debuxo Captura a sociedade dixital! e microrrelatos Viaxe ao 2030. Estes certames, que teñen como obxectivo coñecer cal é a visión dos máis novos sobre o impacto da dixitalización na sociedade galega no 2030, están dirixidos a estudantes de Primaria e ESO ou Bacharelato respectivamente e enmárcanse no proceso elaboración da Estratexia Dixital de Galicia 2030 (EDG2030).

Contidos
  • Máis de 300 estudantes de toda Galicia
  • Selección dos gañadores

Máis de 300 estudantes de toda Galicia

Un total de 213 alumnos e alumnas de Educación Primaria participaron no Concurso de debuxo Captura a sociedade dixital! combinando o seu talento creativo para o debuxo coa súa visión do futuro para plasmar nun debuxo distintas facetas do uso das TIC, novos hábitos e necesidades que xorden pola transformación dixital, as oportunidades derivadas da aplicación das novas tendencias dixitais, etc.
E, pola súa banda 120 alumnos e alumnas de ESO ou Bacharelato puxeron a proba o seu enxeño e capacidade imaxinativa para describir como imaxinan que a transformación dixital afectará a nosa Comunidade nos próximos 10 anos.
Os participantes proceden de 42 centros educativos das catro provincias galegas e contouse coa implicación de máis de 50 docentes que desenvolveron un papel fundamental para a participación do seu alumnado, entregando 333 traballos (213 debuxos e 120 microrrelatos).
As obras recibidas foron valorados por un xurado especializado no ámbito da Sociedade da Información e as Tecnoloxías Dixitais, formado por 2 representantes da Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), 1 representante de la Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e 1 profesor de Secundaria e 1 profesor de Primaria, que preseleccionaron os cinco debuxos e os cinco microrrelatos finalistas.

Selección dos gañadores

As cinco obras finalistas e cada certame están xa dispoñibles no Facebook da AMTEGA para que calquera internauta que o desexe poida votar ata o vindeiro 21 de febreiro aqueles debuxos e microrrelatos que consideren que mellor representan a Galicia do 2030 a través das tecnoloxías dixitais.
Premiarase cunha tablet a cada un dos alumnos responsables dos 3 mellores debuxos (1º, 2º e 3º premio) e os 3 mellores microrrelatos (1º, 2º e 3º premio), que se corresponderán coas obras máis votadas mediante o sistema gústame do Facebook da AMTEGA de entre os finalistas seleccionados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?