
Na presente edición, que comeza este venres 14 de febreiro no Centro Penitenciario de Monterroso, vanse impartir aqueles contidos necesarios para os exames da certificación galega de competencias dixitais (CODIX) que se promove dende a axencia AMTEGA.
Ao abeiro da cita que comeza hoxe, un grupo reducido de internos vai recibir formación no manexo dos aplicativos LibreOffice Writer e LibreOffice Calc. Nesta ocasión, o responsable desta formación será o voluntario de MeLiSA, Rafael Rodríguez Gayoso, que se vai apoiar nos recursos que se puxeron en marcha en anos anteriores, tales como a Aula de Informática da UTE, ou a plataforma de teleformación (Moodle) que nesa mesma aula está dispoñible.
O programa de MeLiSA forma parte das actividades que a asociación realiza no marco do convenio de colaboración asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2020 da Xunta de Galicia.
MeLiSA comeza en Monterroso a sexta edición da súa formación en software libre para reclusos
Compartir Este Artigo

