Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Museo do Mar acolle a presentación da nova edición de Lingua de Namorar
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Museo do Mar acolle a presentación da nova edición de Lingua de Namorar

Redacción
Publicado: 14/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

20200214nppresentacionlinguadenamorar20_1.jpgO Museo do Mar de Galicia acolleu hoxe a presentación da nova edición de Lingua de Namorar, o certame de declaracións de amor na Rede que promoven cada festividade do 14 de febreiro, San Valentín, a Secretaría Xeral de Política Lingüística e máis a Dirección Xeral de Xuventude, co obxectivo común de “dinamizar o uso do galego entre a mocidade nas súas relacións persoais e en Internet”. Ao acto asistiron o secretario xeral Valentín García, e a directora xeral Cristina Pichel.
“A lingua galega ten que darse cita coa mocidade nas datas máis sinaladas, como é sen dúbida este Día dos Namorados, unha xornada propicia para expresar e comunicar os afectos aos que sempre queremos ligar o noso idioma propio”, sinalou Valentín García.
Pola súa banda, a directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, lembrou que este é un concurso que gusta moito entre a xuventude e que, ademais este ano,” busca xerar sinerxías”. Ao fío disto, salientou que os primeiros premios do certame Xuventude Crea 2019, nas categorías de Poesía e Relato Breve, incorporaranse ao xurado, “o que axudará a mostrar a creatividade e o talento dos mozos e mozas galegos”, remarcou.
Mocidade de entre 14 e 35 anos
O certame Lingua de Namorar está dirixido a mozas e mozos de 14 a 35 anos, que se dividirán en dúas categorías de idade: por unha banda de 14 a 19 anos e, pola outra, de 20 a 35. As mensaxes presentadas a concurso deberán estar escritas en lingua galega e poderanse redactar en prosa ou en verso. A súa extensión máxima será de 350 caracteres, incluídos os espazos en branco. Cada participante poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso.
Para facer chegar as mensaxes, cómpre rexistrarse en http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar. Todas as mensaxes serán publicadas nesta páxina e estarán identificadas polo título e mais polo número que se lles asigne. A data límite para enviar as mensaxes de amor é o 9 de marzo. Unha vez rematado este prazo, abrirase outro para realizar as votacións, que abranguerá do 10 ao 13 de marzo.
Resolución do xurado e premios
O xurado do concurso elixirá as mensaxes gañadoras entre as 50 declaracións máis votadas en cada categoría. A súa resolución publicarase o 23 de marzo na páxina web do concurso. Establécense tres premios por cada unha das categorías de idade. A entrega de galardóns celebrarase en abril.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?