Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo e Inycom mostran este xoves as claves tecnolóxicas da internacionalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo e Inycom mostran este xoves as claves tecnolóxicas da internacionalización

Redacción
Publicado: 17/02/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

xornada_ineo-2.jpgA Asociación de Empresas de Tecnoloxía de Galicia (Ineo) ten aberta a inscrición para o obradoiro de balde que celebrará o vindeiro xoves en Vigo baixo o título Descobre as mellores canles e ferramentas dixitais para vender máis e expandirte con éxito, enmarcado no proxecto Ecicii Plus. Ao seu abeiro, diversos expertos da firma tecnolóxica Inycom abordarán estratexias de mercadotecnia e de vendas con gran potencial para facer medrar os nosos negocios no eido internacional, así como as ferramentas TIC máis relevantes para impulsar estes procesos.
A cita será este xoves 20 de febreiro na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra (rúa de García Barbón, 104), a partir das 09.30 horas.
O obradoiro, dirixido preferentemente ás PEME da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal dos sectores agroalimentario, contract e KIS (servizos intensivos de coñecemento polas súas en inglés), estará impartido por expertos da tecnolóxica Inycom: Andrés Vicente, responsable de operacións de eBusiness internacional; Gabriel Barreiro, director da zona noroeste da compañía; e Santiago Viceiro, xerente de conta da unidade de negocio de TIC.
En termos concretos, nas súas intervencións tocarán temas como as claves para abordar con éxito o ecommerce internacional, a mercadotecnia e a venda industrial B2B versus retail B2C, a internacionalización dixital, algúns casos de éxito de empresas e mailo PIM (Product Information Manager, “a pedra angular do ámbito multicanle internacional”, avanzan). Ademais, as empresas que o desexen poderán contar con asesoramentos individualizados nestes ámbitos. O evento é gratuíto e require inscrición previa que pode realizarse enviando un correo electrónico a ineo@ineo.org

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?