Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta destina 5 millóns de euros en axudas para equipamento dos centros tecnolóxicos galegos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta destina 5 millóns de euros en axudas para equipamento dos centros tecnolóxicos galegos

Redacción
Publicado: 18/02/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a convocatoria de axudas para mellorar o equipamento dos centros tecnolóxicos e dos centros de apoio á innovación mediante a adquisición de infraestruturas de investigación de alta calidade para o desenvolvemento dunha I+D punteira. O obxectivo desta liña de apoios, que dá continuidade a unha primeira convocatoria publicada en 2018 e dotada con 5 millóns de euros cofinanciados a través do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, é mellorar a excelencia investigadora dos centros tecnolóxicos galegos e as súas tarefas de transferencia ao tecido produtivo.
Fortalecendo os centros tecnolóxicos increméntanse as capacidades do Sistema Galego de Innovación, que pode ofrecer ao tecido produtivo a través deles os servizos necesarios de experimentación e proba para poñer no mercado produtos e servizos innovadores que melloren a súa competitividade e, polo tanto, o crecemento da economía galega.
Poderán beneficiarse destas axudas os centros tecnolóxicos e de apoio á innovación tecnolóxica galegos que estean inscritos no rexistro estatal de centros regulado polo Real Decreto 2093/2008 de 19 de decembro. A única modalidade de participación é a individual, pero valorarase o carácter compartido das infraestruturas, a través da presentación dun plan de explotación conxunta con outros centros.
Ademais, será requisito o acceso aberto a varias entidades usuarias externas de xeito transparente e non discriminatorio. No caso de que unha empresa financie polo menos un 10% dos custos da infraestrutura, poderá beneficiarse dun acceso preferente en condicións máis favorables.
O tipo de infraestruturas subvencionable é equipamento científico e técnico e/ou programas e aplicacións informáticas de carácter especializado e técnico, que teñan un efecto incentivador. O orzamento mínimo subvencionable de cada proxecto será de 100.000 euros e a intensidade da axuda poderá acadar o 50% dos custos subvencionables.
O obxectivo final será xerar coñecemento e mellorar a súa transferencia á industria, e acadar un ecosistema de financiamento da I+D+i sustentable.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?