
O devandito sitúa a Carballo como un dos municipios da nosa terra con máis implantación de FTTH (fibra ata o fogar polas súas siglas en inglés). Segundo fixo saber a operadora, a intención é seguir ampliándoa ata cubrir a totalidade o concello
Os representantes de Movistar salientaron a colaboración da cidadanía, que “resulta fundamental para realizar o despregue”, unha fórmula de traballo que se está aplicar, tamén, nos labores actuais: a consecución de pasos nas zonas de Pedra do Sal (Lema) e Outeiro (Sísamo).
Porén, a operadora si que recoñeceu dificultades para completar o despregue está no Polígono de Bértoa debido a “que a rede existente pertence a outra compañía”, sinalaron os representantes da compañía, coincidindo co Concello na necesidade de facer avanzar a fibra na dita contorna empresarial, polo que xa sentaron as bases para traballar conxuntamente e facelo “o antes posible”.
Novamente o Concello de Carballo anunciou que se porá a disposición da veciñanza para trasladar a Telefónica os problemas de cobertura que poida haber en puntos concretos do territorio municipal. As persoas afectadas deben comunicalos na propia casa consistorial, chamando ao teléfono 981 704 700 ou a través do enderezo electrónico infocarballo@carballo.gal.
Movistar quere cubrir coa súa fibra a totalidade do territorio de Carballo
Compartir Este Artigo

