Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo dános as claves TIC para afrontar con éxito a internacionalización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo dános as claves TIC para afrontar con éxito a internacionalización

Redacción
Publicado: 20/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornada_febreiro_2020_ineo_ii.jpgA asociación Ineo, alianza de empresas galegas de novas tecnoloxías, celebrou este xoves en Vigo, ao abeiro do proxecto galego-portugués ECICII Plus, un obradoiro sobre canles e ferramentas dixitais acaídas para vender máis e conquistar novos mercados. A cita, celebrada na sede da Confederación de Empresarios de Pontevedra, contou coa asistencia de máis de 60 profesionais de diferentes sectores interesados en comercio exterior e nas claves do eBusiness internacional.
O taller foi impartido por expertos da firma tecnolóxica Inycom. O encargado de abrir a xornada foi Luis Rey, director de operacións de Ineo, quen comezou as sesións salientando os servizos que ofrece o proxecto ECICII Plus ás PEME galegas en materia de internacionalización, servizos que se agrupan en catro bloques: accións de diagnóstico, de asesoramento, de información e de organización de misións inversas e eventos no exterior. Rey animou aos asistentes a aproveitar o potencial deste programa que “se adapta ás necesidades de cada empresa e que brinda excelentes oportunidades de negocio no exterior”.
Pola súa banda, Andrés Vicente, responsable de operacións de eBusiness internacional de Inycom, abordou diversos puntos para concienciar ás empresas da importancia da abordar o panorama internacional dende unha óptica multicanle. Neste sentido asegurou que “a internacionalización e transformación dixital deben formar parte da estratexia de calquera empresa con independencia do seu tamaño”, engadindo que “a tecnoloxía e dixitalización son un medio para os nosos obxectivos, todos somos e temos clientes dixitais”.
No transcurso da xornada tamén se abordaron casos de éxito de PEME que se abriron ao mercado exterior. Ademais, as empresas contaron con asesoramentos individualizados ofrecidos por expertos de Inycom sobre os temas expostos.
O proxecto ECICII Plus
O proxecto Estrutura Empresarial Conxunta para o Impulso e a Captación de Iniciativas de Internacionalización, ECICII Plus, enmárcase dentro do Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020. O seu obxectivo é fortalecer a capacidade de internacionalización das PEME de ámbalas beiras do río Miño a través da cooperación e do aproveitamento das sinerxías da experiencia galega e do norte de Portugal. Conta coa participación de media ducia de entidades dos dous países irmáns: a CEP, o IGAPE, a CEO, a Associaçao Empresarial de Portugal (AEP), a
Associaçao Empresarial de Viana do Castelo (AEVC) e Ineo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?