Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: 94 concellos sumáronse á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

94 concellos sumáronse á iniciativa autonómica de mellora da cobertura móbil

Redacción
Publicado: 24/02/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cobertura_mobil.jpgA axencia AMTEGA vén de facer reconto dos concellos que finalmente se adheriron á iniciativa autonómica para mellorar as comunicacións móbiles no rural, logo de que esta semana pechase o prazo para que as administracións locais presentaran cadansúas solicit. Trátase dunha medida que conta cun orzamento de ata 5 millóns de euros. Inclúese ao seu abeiro a cesión dos emprazamentos axeitados para a instalación dos equipamentos de telecomunicación precisos para a mellora da cobertura naquelas zonas non urbanas que teñan cobertura deficidente.
Para participar no plan as entidades locais tamén debían incluír na solicitude o compromiso de abordar a acometida eléctrica, para o que poderán solicitar unha axuda máxima de 30.000€.
A AMTEGA tamén fixo reconto das accións a desenvolver unha vez que pechou o devandito prazo. Así, durante este primeiro semestre de 2020, a Administración autonómica, en colaboración co Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia (COETG) validará as zonas con eivas de cobertura trasladadas polos concellos e, conxuntamente con co operador público galego RETEGAL, visitarase e comprobarase a idoneidade das parcelas indicadas polas entidades locais, creando así “un mapa de zonas de actuación”, segundo informou AMTEGA, engadindo que “aqueles concellos que cumpran cos requisitos, que son carecer de cobertura e poñer e dispoñer dos terreos axeitados, integraranse nun proxecto que se desenvolverá a través dunha encomenda ao operador publico RETEGAL para a construción das torres e dunha convocatoria publica a operadores en concorrencia competitiva”. Para este último paso, o lanzamento da convocatoria pública de axudas a operadores de telecomunicacións, xa se está a iniciar o proceso para solicitar a autorización da mesma á Comisión Europea.
A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, e a Federación Galega de Municipios (FEGAMP) asinaron en decembro de 2019 un acordo marco para facilitar que as entidades locais se sumasen ao plan.
Os retos para 2021
A medida forma parte do compromiso do Goberno galego coa mellora dos accesos a Internet e á telefonía móbil, que terá investidos entre 2010 e 2020 un total de 185 millóns de euros de fondos públicos nos dous Plans de banda larga que se puxeron en marcha nesta década. Actualmente, o obxectivo da Xunta é “incrementar a porcentaxe e galegos con acceso a redes ultrarrápidas”. Para conseguilo puxo en marcha varias actuacións, que sumadas ás do Estado permitirán, en palabras da axencia AMTEGA, “que o 90% dos galegos teñan acceso a Internet de 100Mbps en 2021”.
Ademais, o Plan dotou de acceso a internet de máis de ata 350 Mbps a 81 e polígonos que contan con máis de 1.750 empresas e outras 80 de zonas illadas se beneficiaron de axudas directas para poder acceder a redes ultrarrápidas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?