Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre a inscrición para o Campamento Kamikaze do Carballo Interplay
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre a inscrición para o Campamento Kamikaze do Carballo Interplay

Redacción
Publicado: 26/02/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

87407380_1579765518842028_8786829830017515520_o.jpgO Carballo Interplay pon en marcha unha nova edición do seu particular campamento de creación audiovisual exprés, que serve cada ano para quecer motores de cara ao inicio do festival, que celebrará a súa 7ª edición entre o 1 e o 4 de abril. As tres xornadas de Campamento Kamikaze (30 e 31 de marzo e 1 de abril) estarán dedicadas un ano máis á creación dun dinosaurio na contorna incomparable da praia de Razo. Este é o segundo ano consecutivo no que a produción nacida desta iniciativa do Carballo Interplay opta a un Premio Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.
As persoas seleccionadas para participar nesta edición do Campamento Kamikaze traballarán en equipo con profesionais do mundo da creación audiovisual como Cris Iglesias, Alfonso Zarauza, Marcos Nine, Javi Camino, Antón Varela, Marta Piñeiro, Isaura Docampo ou Lucía Regueiro. Xuntas, xuntos, enfrontaranse ao reto de idear, gravar e postproducir en tres días os seus dinosaurios, novos capítulos da webserie que se iniciara xa na primeira edición do Campamento Kamikaze baixo unha única premisa temática: a fin de internet.

Contidos
  • Preestrea de Grasa, a nova serie de David Sainz para Playz
  • O festival duplica a contía do Premio a proxectos de webserie en galego

Preestrea de Grasa, a nova serie de David Sainz para Playz

David Sainz, pai do concepto de dinosaurio e padriño do Festival, amosará en exclusiva no Interplay Grasa, unha áceda comedia sobre novas oportunidades que poderá verse proximamente en Playz, a canle dixital de RTVE. Nela, Pedro El Grasa (Kike Pérez) é un conflitivo delincuente que leva unha vida caótica e ao que, un día, o seu corpo lle dá un susto. O destino levarao a unhas singulares clases de pilates que transformarán radicalmente a súa existencia. Acompañan a Pérez no reparto que dirixe David Sainz (coñecido polo público por series como Mambo ou Malviviendo) os actores Octavi Pujades, Antonio Dechent, Diego Villalba, Lamberto Guerra, Fede Martínez, Víctor Hubara, Luifer Rodríguez e as actrices Ana Caldas e Mercedes Hoyos.

O festival duplica a contía do Premio a proxectos de webserie en galego

O festival de contidos dixitais Carballo Interplay continúa a ser un ano máis un dos principais impulsores da creación de series web en Galicia co seu Premio a proxectos de webserie en galego, que nesta ocasión dá un salto cualitativo duplicando a súa dotación económica ao destinar 3.000 euros á produción de tres vídeos da serie do proxecto premiado.
Os proxectos gañadores da última edición do festival, Xan (Lucía Estévez e Miguel Canalejo) e Amnesia 3.0 (Iria Iglesias, Natalia Porca e Irene Pin) poderán verse xa convertidos en series no auditorio da Pazo da Cultura de Carballo o xoves 2 de abril. As persoas que queiran seguir os pasos deste grupo de creadores e creadoras e presentar os seus proxectos de webserie en galego poden facelo ata o 15 de marzo a través da web do evento. O galardón resolverase cun pitching en directo o mesmo xoves 2 de abril e o resultado estrearase na oitava edición do Carballo Interplay.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?