Uber, empresa de transporte privado que opera baixo a plataforma de aplicación do mesmo nome, segue a ampliar o seu radio de acción en Galicia a través de Uber Beats, ferramenta móbil de comida a domicilio. Logo da súa recalada en Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Coruña e Ferrol, vén de poñer pé na sétima das grandes cidades galegas que lle restaba por cubrir: Santiago.
A chegada de Uber Beats a Compostela, formalizada oficialmente este 27 de febreiro, vén acompañada da colaboración con 18 restaurantes locais, que son os que acompañan a aplicación na súa fase de lanzamento na capital de Galicia. Así, os usuarios poderán desfrutar na súa casa da comida achegada por, entre outros locais, Santoro Pizzería, Santiago Kyoto, Ali Baba Turkish Kebab ou Goiko Grill.
A maiores destes 18 establecementos, Uber Beats tamén traballa de maneira conxunta con máis de 200 locais da nosa xeografía, dende a súa chegada en 2019.
A día de hoxe, Uber Beats cubre case 100 cidades e localidades de España e máis de 500 de todo o mundo.
Segundo lembra a compañía con motivo da incorporación de Compostela á súa rede galega, a chegada de Uber Eats nas sete cidades da nosa terra permitirá aos residentes “gozar en casa, na oficina ou en calquera recanto das ditas cidades da súa comida favorita, e só descargando a app a través de ubereats.com”.
O servizo está dispoñible de luns a venres, de 12h da mañá a 17h da tarde, e de 19h a 23:45h da noite. De sábado a domingo, de 12h da mañá a 23.45h da noite. En Uber Eats, non hai pedido mínimo e, o custo de envío será de 2,5 euros en todas as solicitudes a calquera hora do día.
Uber Beats completa con Compostela a súa presenza nas principais cidades galegas
Compartir Este Artigo

