Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O noso clúster alimentario participa nun proxecto europeo para dixitalizar as PEME do sector
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O noso clúster alimentario participa nun proxecto europeo para dixitalizar as PEME do sector

Redacción
Publicado: 28/02/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

proxecto_europeo_s3food.jpgO Clúster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) forma parte, xunto a doce socios europeos máis, do proxecto S3FOOD, que ten como obxectivo fomentar a dixitalización da industria alimentaria a través da implantación de sensores intelixentes nos procesos de produción. Trátase dunha iniciativa financiada polo programa de investigación e innovación Horizonte 2020 da Unión Europea cun orzamento que supera os 5 millóns de euros e unha duración de tres anos.
En termos concretos de recursos cos que beneficiar ao noso tecido produtivo, S3FOOD presentou o seu plan de financiamento co que as PEME que sexan seleccionadas poderán recibir unha subvención de ata 60.000 euros, que lles axude na súa transición cara á Industria 4.0. En palabras do coordinador do proxecto, Veerle De Graef, o proxecto responde “as crecentes demandas de eficiencia de recursos, seguridade e calidade alimentaria e transparencia nas cadeas de valor”.
Todo o devandito tradúcese en axuda e financiamento, por parte dos socios de S3FOOD, ás PEME que avancen na súa dixitalización para facer fronte a estes retos. As empresas galegas interesadas en acceder ao plan de financiamento deberán para iso ser socias do Clúster Alimentario de Galicia e dispor dun proxecto de dixitalización que se clasifique nalgunha das seguintes categorías: sensores para monitoraxe en tempo real, integración de sensores ou xestión intelixente de datos; e que, ao mesmo tempo, aborden un reto específico do proceso de produción na industria.
Ademais, se algún proxecto involucra a diferentes socios de S3FOOD, as empresas poderán obter ata 180.000 euros se cumpre unha serie de condicións e requisitos. Na web de S3FOOD hai dispoñible máis información sobre estes cheques.
O proxecto pretende mobilizar a 2.000 empresas europeas, das que se prevé que 200 participen en eventos de colaboración ou matchmaking.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?