Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os nosos sectores turístico e tecnolóxico xuntaron enerxías na xornada Loop Congress
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os nosos sectores turístico e tecnolóxico xuntaron enerxías na xornada Loop Congress

Redacción
Publicado: 28/02/2020
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

congreso_loop_santiago_1.jpgEste xoves 27 de febreiro celebrouse en Santiago, na Cidade da Cultura, a primeira edición dun encontro que chegou para quedar e medrar: a Xornada de Turismo e Tecnoloxía Loop Congress, un evento organizado conxuntamente polo Clúster TIC de Galicia e o Clúster de Turismo de Galicia coa colaboración do IGAPE, Turismo de Galicia e a Xunta. A xornada, que contou coa presenza dun centenar de profesionais do ámbito das TIC e do turismo, serviu entre outras cousas para afianzar colaboracións entre os dous sectores e sentar os alicerces de futuros e prometedores proxectos.
O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, destacou na clausura do evento “a aposta polo turismo intelixente e innovador como clave do desenvolvemento do sector durante os próximos anos”.
Álex López, que se atopa entre os persoeiros con máis influencia mundial en materia de redes e ecommerce, sinalou na súa intervención como “a venda social impulsa a creación de conversas online para atraer a potenciais clientes”, un concepto que cambiou a concepción da mercadotecnia en redes sociais. “Instagram é un lugar perfecto para as empresas turísticas”, indicou, destacando diferentes ferramentas para explotar todas as posibilidades desta canle social.
congreso_loop_3.jpgPola súa banda, o experto en análise de datos a gran escala e vicerreitor de Relacións Internacionais da Universidade de Deusto, Álex Rayón, puxo o foco na economía dos datos e no seu potencial para revolucionar o mundo da tecnoloxía, porque, dixo, “pódense manexar volumes de datos masivos cos que estudar o comportamento dos usuarios en tempo real, ademais de coñecer as súas preferencias dunha forma máis precisa”. Amais, sinalou, “esta tecnoloxía permite, por exemplo, recomendar rutas turísticas personalizadas ou afacer o programa dun festival de música aos gustos da audiencia reflectidos nos datos das aplicacións musicais”.
Na mesa redonda sobre a preparación do sector turístico ante as tecnoloxías que marcan un antes e un despois participaron o director executivo e co-fundador da Axencia Pilgrim, Roberto Fraga; o presidente do Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo, Alfonso Martínez Cacheda; e o director da empresa tecnolóxica Sixtema, Alejandro Lamas, coa moderación de Manuel Veloso, da secretaría técnica do Clúster de Turismo de Galicia.
Roberto Fraga fixo fincapé na necesidade “dun cambio na capacitación profesional de raíz, baseada en competencias”. Pola súa banda, Martínez Cacheda indicou que “as tecnoloxías permiten chegar aos pequenos a sitios onde só poden chegar os grandes, sempre, empezando por un bo diagnóstico de base”. Alejandro Lamas salientou a relevancia de “atendermos aos mecanismos dos movementos tecnolóxicos, facendo vixilancia tecnolóxica, avaliando o que resulta de interese e que non”.
Loop Congress contou tamén coa visión da administración no sector turístico en Galicia da man da responsable da área de Competitividade de Turismo de Galicia, José Luis Maestre; do responsable da área de Innovación de Turismo de Galicia, Jorge Barreiro; do xerente da Mancomunidade do Salnés, Ramón García Guinarte, e do responsable de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Fernando Súarez.
congreso_loop_2.jpgDurante o coloquio, moderado polo representante da mesa de turismo no comité de dirección do Clúster TIC de Galicia e director executivo de Dos Espacios, Santiago Paz; o xerente da Mancomunidade do Salnés destacou varios proxectos públicos baseados no concepto de Cidades Intelixentes e resaltou as posibilidades que ofrece a segmentación para facilitar información ao cidadán desde as administracións. Fernando Súarez lembrou a necesidade de “enriquecer a experiencia turística, antes e despois da visita, a través de ferramentas tecnolóxicas”. Pola súa banda, Jorge Barreiro expuxo a estratexia Smart Turismo de Turismo de Galicia, baseada nun tecido de portais, aplicacións para dispositivos móbiles, redes sociais, oficinas de turismo e visitas virtuais e 3D.
Loop Congress pechou a súa primeira edición cunha sesión de networking na que participaron empresas de ambos os sectores representados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?