Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo fortalece a súa aposta polo turismo dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo fortalece a súa aposta polo turismo dixital

Redacción
Publicado: 04/03/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_turismo_innovacion.jpgO Consello de Turismo da Deputación de Lugo acordou este mércores 4 de marzo seguir afondando no camiño de innovación turística e de visualización dixital dos concellos e dos seus atractivos (gastronómicos, hostaleiros, monumentais, paisaxísticos, naturais) iniciado na anterior lexislatura e prolongado na actual. Trala aprobación desta liña de traballo en sesión ordinaria, a vicepresidenta do Consello e deputada de Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, presentou o documento do plan de traballo para este ano.
García Porto explicou as liñas estratéxicas que se van seguir ao longo destes meses en materia turística: “Imos apostar por intensificar a nosa presenza no mundo dixital, imos actualizar o material propio de promoción da provincia, continuar avanzando no Proxecto de Sinalización Intelixente, reforzar a formación das guías turísticas, aumentar a nosa presenza en feiras, mellorar o servizo de rutas fluviais en catamarán pola Ribeira Sacra, emprender accións singulares de promoción da nosa riqueza medioambiental e, entre outras iniciativas e establecer colaboracións con eventos de promoción turística de referencia no noso territorio, entre outras cuestións”, explicou.
Nesta mesma sesión tamén se deu conta das principais accións realizadas pola Área de Turismo da Deputación de Lugo ao longo do ano 2019 e fíxoselle entrega dunha memoria a cada un dos membros do Consello. Nese documento recóllese a colaboración na promoción das Xornadas de Exaltacións Gastronómicas, iniciativas promovidas coa Universidade de Santiago, a celebración do Día Mundial do Turismo, as rutas fluviais en catamarán, a realización de actividades de turismo científico no territorio de Ancares-Courel, o plan de promoción online, a posta en marcha das apps móbiles turísticas, o impulso de accións nas redes sociais, a realización de campañas audiovisuais, o plan de comunicación offline, a participación en feiras, a asistencia a foros sectoriais, a cesión dun abeto de Nadal ao Museo Nacional Do Prado, a promoción da provincia no Dakar ou a aprobación das bases dos Premios Provinciais de Turismo, entre outras iniciativas que recolle a memoria.
Adhesión de novos membros
Nesta mesma sesión tamén se acordou a adhesión de dous novos membros ao Consello de Turismo. Trátase da Reserva da Biosfera dos Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e tamén a Reserva da Biosfera Terras do Miño. “O desenvolvemento das actividades turísticas e de recepción dos visitantes baixo programas de calidade dentro do ámbitos das Reservas é un eixe estratéxico das economías de calidade, por iso valoramos moi positivamente a adhesión ao Consello destas dúas Reservas”, subliñou a deputada de Promoción do Territorio e Turismo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?