Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG mostrará o 11 de marzo o gran talento tecnolóxico e científico da nosa mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG mostrará o 11 de marzo o gran talento tecnolóxico e científico da nosa mocidade

Redacción
Publicado: 04/03/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ccg_ac_2020_xornada-gabinetes-ciencia.jpgO vindeiro 11 de marzo imos achegarnos ás importantes capacidades tecnolóxicas e científicas que atesoura a nosa mocidade. Será no marco dunha cita organizada polo Consello da Cultura Galega (CCG), a xornada Dos gabinetes de ciencias dos institutos históricos aos clubs de ciencia e o STEMBach. A cita, organizada pola Sección de Ciencia, Tecnoloxía, Natureza e Sociedade, daralles voz aos escolares e aos seus docentes para divulgar estas experiencias interactivas. Amais, explica o CCG, “tamén afondará no legado patrimonial e científico dos gabinetes de ciencia, os antecesores destas iniciativas”. A xornada non ten inscrición pero poderá seguirse en directo a través da Rede. Estará coordinada por Javier Méndez Zunzunegui.
O encontro ten a súa orixe temática nos gabinetes de ciencia, aos que se rende homenaxe na xornada e que comezaron a súa andaina no século XIX, cando se crearon os institutos de ensino secundario. “Estes centros”, explica o CCG, “foron dotados de laboratorios de química e gabinetes de física e historia natural que permitían implementar un ensino máis experimental nas aulas, sendo así como se compraron planetarios, espectroscopios, modelos anatómicos ou cristalográficos para acompañar as clases teóricas”.
Hoxe en día existen seis institutos históricos que contan cun importante patrimonio arquitectónico, bibliográfico e científico. Sobre eles falará Rafael Sixto, docente de Física e Química e doutorado en Ciencias da Educación pola USC, na primeira das conferencias desta xornada.
Outra as sesións virá da man do alumnado e profesorado dos centros IES Arcebispo Xelmírez I e II e do IES Rosalía de Castro de Santiago, que falarán da contaminación descuberta nas augas próximas á mina de Touro, que impiden sobrevivir á maioría dos organismos.
Nunha vertente máis propia da experimentación, o alumnado do IES Sánchez Cantón, do Arcebispo Xelmírez I, do CPI dos Dices e do IES David Buján de Cambre convertará o salón de actos do CCG nun improvisado laboratorio. Nel realizarán experimentos sinxelos que servirán de mostra do que xa fixeron no marco dos clubs de ciencia, como estoupar un globo cunha laranxa sen tocalo, baños de moedas… entre outros experimentos. Esta actividade está prevista para as 12.00 horas.
Un pouco máis tarde, entre as 14:00 e as 14:30 horas, haberá outra nova demostración práctica, desta volta na praza do Obradoiro, para experimentos que precisan de maior espazo (se as condicións meteorolóxicas non o permiten, as demostracións realizaranse nos soportais do pazo de Raxoi).
A xornada complétase pola tarde cunha visita guiada ao laboratorio e biblioteca dun dos seis centros históricos que existen en Galicia, que é o do IES Arcebispo Xelmírez I, que este ano cumpre 175 anos.
A organización desta xornada insírese na liña de traballo da Sección de Ciencia, Natureza, Tecnoloxía e Sociedade, coordinada por Elena Vázquez Cendón.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?