Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As axudas PEL-2020 da Deputación da Coruña permitirán ás empresas avanzar na súa transformación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As axudas PEL-2020 da Deputación da Coruña permitirán ás empresas avanzar na súa transformación

Redacción
Publicado: 06/03/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_coruna_valentin_pel_presidente_axudas_2020.jpgA Deputación da Coruña vén de convocar as axudas do Plan de Emprego Local (PEL-2020) dirixidas a pequenas e medianas empresas, autónomos/as, emprendedores/as e concellos da provincia. En termos máis concretos, búscase con estes apoios fomentar o afianzamento e fortalecemento do tecido produtivo, axudando a crear emprego e financiando investimentos que contribúan a modernizar as empresas e facelas máis competitivas. Ou sexa, investimentos que axuden na súa transformación tecnolóxica e dixital. O prazo de solicitudes está aberto ata o vindeiro 24 de marzo.
O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o deputado responsable da área de Emprego, José Ramón Riobóo, presentaron este xoves 5 a convocatoria do PEL 2020, salientando que este que vén de comezar é o cuarto ano que se convocan as ditas axudas, que parten dun orzamento inicial próximo aos 7 millóns de euros, dos que 2,5 millóns se destinan a subvencionar a contratación de traballadores/as, 1,3 millóns a financiar novos investimentos en empresas de recente creación e 3 millóns a financiar as contratacións nos concellos.
Tamén explicaron que dende a súa creación en 2016, o Plan de Emprego Local supuxo un investimento de 26,7 millóns de euros, que permitiron a creación de 2.636 empregos directos e subvencionaron investimentos para modernización e mellora de 1.948 empresas coruñesas.
PEL-PEME
A liña PEL-PEME subvencionará ás pequenas empresas e autónomos con sede nos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia da Coruña para a contratación laboral dunha persoa en situación de desemprego durante un período de 12 meses. A Deputación financiará o 70% do soldo e a Seguridade Social do/a traballador/a contratado/a, ata un máximo de 15.400 euros anuais.
Habilítase tamén unha liña PEL-PEME Mantemento, coa que a Deputación subvenciona o mantemento das contratacións laborais indefinidas da convocatoria anterior do programa durante un ano máis. Deste xeito, as empresas poden optar a unha nova axuda para manter o posto de traballo creado en 2019 durante 12 meses máis. Nestes casos, a Deputación financiará o 50% do soldo e Seguridade Social do traballador/a cun importe máximo de 11.000 euros anuais.
PEL-Emprende, axudas para investimentos
A liña PEL-Emprende está destinada a autónomos e empresas da Coruña con menos de cinco anos de antigüidade e sede social en calquera dos concellos da provincia. As axudas cubrirán ata o 70% do investimento, cun máximo de 17.500 euros, para a compra de aplicacións informáticas, maquinaria, útiles, mobiliario e equipos para procesos de información. Todos eles deben ser elementos novos e directamente relacionados coa actividade da empresa.
PEL- Concellos crea emprego e mellora os servizos públicos
A Deputación da Coruña consigna tamén este ano unha partida de 3 millóns de euros para apoiar aos concellos da provincia na contratación de persoas desempregadas para a prestación de servizos locais básicos. O organismo provincial publicou onte no BOP a convocatoria do PEL-Concellos 2020 á que poderán acollerse os 82 concellos da provincia con menos de 20.000 habitantes. En función da porcentaxe de persoas desempregadas coas que conte o municipio, as subvencións para as contratacións oscilarán entre os 19.000 e os 52.000 euros.
O prazo remata o 24 de marzo
A solicitude das axudas só poderá realizarse co envío da documentación requirida nas bases de xeito telemático, a través da plataforma SUBTEL da Deputación. Todos os anexos requiridos para a presentación das solicitudes poderán ser descargados na plataforma, na sección correspondente ás diferentes convocatorias. O prazo de presentación remata o vindeiro 24 de marzo ás 14.00 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?