Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A aula CeMIT de Ames achega en marzo e abril unha ducia de novas accións formativas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A aula CeMIT de Ames achega en marzo e abril unha ducia de novas accións formativas

Redacción
Publicado: 09/03/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

ames_aula_cemit.jpgA aula CeMIT de Ames presentou este luns a súa programación para este primeiro treito da primavera, os meses de marzo e abril, nos que se desenvolverá unha ducia de novos cursos sobre outras tantas vertentes tecnolóxico-dixitais ao servizo da cidadanía. Dentro da axenda de marzo, cómpre salientar un ciclo de introdución ao uso do computador, cuxo obxectivo é achegar á poboación adulta local ao uso deste equipamento “dende unha perspectiva ampla e introdutoria”.
o ciclo está composto por: un curso de iniciación á informática que se desenvolverá do 10 ao 18 de marzo (as prazas xa se encontran cubertas), un curso de iniciación a Internet do 24 de marzo ao 2 de abril, e outro de iniciación ás redes sociais do 14 ao 16 de abril.
Outro dos ciclos que se seguirán desenvolvendo é o de ofimática, destinado a introducir á veciñanza nos usos e posibilidades da suite de LibreOffice. Este ciclo, sen ben comezou en febreiro, seguirá ao longo destes meses coa posibilidade de poder presentarse aos exames CODIX. O primeiro dos cursos que se desenvolverá nese ciclo no mes de marzo é Follas e cálculo con LibreOffice Calc I, o cal xa conta coas prazas cubertas. Esta actividade formativa verase complementada con outra que se desenvolverá a finais de mes, Follas de cálculo con LibreOffice Calc II, e que tamén ten as prazas cubertas. Xa no mes de abril, comezarase con Presentacións con LibreOffice Impress , un curso centrado en entender a creación de presentacións. Está programado do 14 ao 17 de abril.
ames_cartel_cursos_marzo_e_abril_-_portada.jpgActividades para adultos do mes de abril
Durante o mes de abril desenvolveranse dúas citas formativas para adultos: Aprende a manexar o teu teléfono móbil e Administración Electrónica: introdución as súas posibilidades. O primeiro deles é un curso de iniciación para aprender a sacarlle partido ao teléfono móbil, mentres que o segundo é un curso adicado ao descubrimento e familiarización coa Administración Electrónica.
Cursos para menores e obradoiros de Semana Santa
Con motivo das vacacións de Semana Santa, a Aula CeMIT ten programados para eses días tres obradoiros lúdicos e educativos para que a rapazada, en palabras do Concello, “aprenda cousas novas mentres está entretida”.
O primeiro deles é Aprende a dominar o rato e o teclado, que está destinado a menos de 8 anos e se desenvolverá durante a mañá do luns 6 de abril en horario de 10.00 a 12.00 horas.
O segundo obradoiro programado é Programación con Scratch, o martes 7 de abril para nenos/as de 8 a 10 anos e o mércores 8 para nenos/as de 10 a 12 anos. Ambos os dous tamén son en horario de 10.00 a 12.00 horas.
E xa fóra da programación de Semana Santa, do 13 ao 28 de abril, en horario de luns e mércores de 18.15 a 19.45 horas terá lugar un curso de informática para rapaces.
Videoconferencias
Nestes meses hai organizadas varias videoconferencias por FEGAUS que xirarán en torno ao turismo e o teléfono móbil. Desenvolveranse, en horario de 10.30 a 11.30 horas, Descobre a rede de actividades de lecer na túa cidade sen gastarte unha fortuna o venres 13 de marzo, Reserva as túas viaxes e actividades de ocio a través de Internet o luns 23 de marzo, Turismo cultural para vivir novas experiencias o venres 3 de abril, Funcionamento básico de dispositivos móbiles o venres 7 de abril e Configura o meu móbil o teu gusto o venres 24 de abril.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?