Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrincan os novos cursos TIC do Concello de Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrincan os novos cursos TIC do Concello de Lugo

Redacción
Publicado: 09/03/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

090320_comezan_os_cursos_de_habilidades_dixitais_en_novas_tecnoloxias_ii.jpgO Concello de Lugo vén de informar do comezo dos cursos de capacitación dixital organizados pola área municipal de Novas Tecnoloxías. As actividades, de carácter gratuíto, estanse a desenvolver durante o mes de marzo con obradoiros para abondar no manexo dos teléfonos móbiles e na iniciación á informática para persoas maiores. Celébranse no Centro de Novas Tecnoloxías emprazado no casco vello lucense.
Así, dende este luns 9 e ata o 13 de marzo, en horario de 17:00 a 19:00 horas, terá lugar un obradoiro destinado a usuarios de todas as idades que queiran sacar maior partido ao seu teléfono móbil e no que resultou imprescindible, para participar, acudir cun smartphone.
090320_comezan_os_cursos_de_habilidades_dixitais_en_novas_tecnoloxias_i.jpgDa mesma maneira, nesta mesma xornada e ata o venres 27, desenvolverase un obradoiro de iniciación á informática para persoas maiores de 55 anos. A formación comezaba esta mañá e nas dúas actividades completáronse as 15 prazas que había dispoñibles e, segundo confirmou o Concello, “mesmo houbo que habilitar listaxe de agarda para vindeiras edicións”.
A área de Novas Tecnoloxías tamén lembra que durante o mes de marzo continuarán tamén as titorías tecnolóxicas os sábados 14 e 28, de 17:30 a 19:00 horas, dirixidas á veciñanza que precise aclarar algunha dúbida sobre diferentes cuestións relacionadas coas novas ferramentas, os seus usos, as súas posibilidades e as opcións laborais que brindan.
As veciñas e veciños poden apuntarse nas mesmas ate o día anterior á súa celebración, ben de xeito presencial, a través do teléfono 982.29.73.77 ou no correo electrónico novastecnoloxias@lugo.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?