Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense convértese en abril, da man da ICC Week, na capital dos eSports
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense convértese en abril, da man da ICC Week, na capital dos eSports

Redacción
Publicado: 09/03/2020
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

esports_2020.jpgA Ourense ICC Week que organiza un ano máis a Deputación de Ourense, co obxectivo de achegarnos unha primavera ateigada de creatividade e innovación tecnolóxica, vai converter a cidade das Burgas na capital galega, estatal e mundial dos deportes en liña, os eSports. O obxectivo da ICC eSports 2020 (a vertente da Semana das Industriais Culturais e Creativas máis directamente envorcada no lecer dixital), que inclúe unha manchea de competicións, demostracións e torneos, é “ser un punto de encontro da comunidade gamer galega”.
Celebrarase entre o 3 e o 5 de abril e xuntará expertos na materia e, por suposto, unha nutrida comunidade de seareiros do lecer electrónico para, en palabras da Deputación, “gozaren coa experiencia única das competicións en directo”. Os protagonistas serán os cinco videoxogos máis exitosos na actualidade: Fortnite, FIFA e a super-competición de equipos de MundoGT con Gran Turismo Sport, F1 Codemasters e DiRT Rally 2.0. Así, ao abeiro da ICC eSports de Ourense daranse cita os mellores pilotos e equipos profesionais do panorama Simracing. Estas competicións serán ademais emitidas na canle de YouTube Movistar eSports.
Abertas as inscricións
Os certames de ICC eSports de Ourense desenvolveranse do 3 ao 5 de abril no Salón Nobel do Liceo de Ourense. A entrada é de balde para ver as competicións. A inscrición para participar nos diferentes torneos programados de Fortninet, FIFA e MundoGT xa está aberta, na páxina web da ICC Week https://ourenseiccweek.com/gl/e-sports/ desde o 2 de marzo ata completar as prazas.
O festival abrirá as súas portas coa charla de Erea Carbajales, licenciada en Etnomusicoloxía, que aportará a súa reflexión sobre A evolución da música nos videoxogos, un relatorio de entrada gratuíta, que se celebrará o venres 3 ás 12.00 horas no Liceo de Ourense.
Os mellores de Mundo GT en Ourense
MundoGT celebra o seu décimo aniversario en 2020 e traerá ao ourensán ICC eSports a fase final de dúas das súas competicións máis importantes: a SuperCompetición de Escudarías Gran Turismo Sport, a F1 2019 e o Rally DiRT 2.0. Nestas competicións participarán 20 equipos profesionais, nunha primeira fase en liña. Desta fase sairán os participantes das finais presenciais.
No caso do #SCE, os cinco mellores equipos da competición profesional nacional de equipos GT Sport viaxarán por segundo ano consecutivo a Ourense para disputar a Gran Final de SCE, na que o defensor do título será o equipo Euromaster eSports.
Segundo informa a Deputación, os afeccionados ás carreiras de automóbiles poderán gozar do resultado da competición en directo ao mellor de tres carreiras puntuables que comezarán o sábado 4 de abril coa primeira carreira ás 16.30 horas e a segunda carreira ás 18.00 horas.
O domingo 5 de abril ás 15.00 horas terá lugar a terceira carreira, a derradeira. Pódense seguir de xeito presencial no Liceo ou desde calquera lugar a través de transmisións na canle oficial de Movistar eSports en YouTube.
Na Gran Final SF1 loitarán en Ourense cinco dos mellores equipos deste deporte virtual de motor. Unha competición ao mellor de tres carreiras puntuables que terán lugar o sábado 4 de abril ás 19.30 horas a primeira carreira, o domingo 5 de abril ás 11.00 horas a segunda e ás 12.00 horas terá lugar a derradeira.
Escudarías de SCE que participan na competición: Xogon Galicia Simracing, Williams JIM Esports, Euromaster Esports, Team Razinger Z, Team Mentalism, Cometa Team, Spanish Pro Racers SPR, Cyberspeed, NWS Esports, TENT Factory Simracers, CEAVI Carrillo German, R70 Team, x6tence esports club e ROAR Simracing.
Escudarías de SF1 que participan na competición: Williams JIM Esports, S2V Esports, Cometa Team, World Series Online WSO, Team Mentalism, ECDF1, NWS Esports, Innovate SRT, Team Genious, e SimRacing Legends.
En directo
Todos os torneos SCE e SF1 de MundoGT retransmitiranse en directo, tanto as carreiras de cualificación en liña ao longo da tempada como as finais presenciais de Ourense. En total, haberá un total de 30 emisións en directo, que se poderán seguir a través da canle de YouTube Movistar eSports. Unhas retransmisións que o ano pasado alcanzaron 70.800 espectadores, “amosando así o crecemento e consolidación desta industria”, explica a Deputación, que engade que estas competicións “gañan espectacularidade e emoción grazas aos casters (a persoa que retransmite e comenta as partidas de videoxogos en liña) capaces de converter un xogo nunha experiencia inesquecible”. Este ano nas finais ourensás ICC eSports teremos a José Luis Montiel casteando #SCE e a Mario Arroyo en #SF1.
Toda a información e inscripcións na páxina web do evento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?