Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Os investigadores da UVigo dan conta da súa experiencia co satélite de observación solar da ESA
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Os investigadores da UVigo dan conta da súa experiencia co satélite de observación solar da ESA

Redacción
Publicado: 11/03/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_foro_aero.jpgEste martes pola tarde, 10 de marzo, celebrouse na Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense unha nova edición do Foro Aero, espazo de debate e intercambio de coñecemento arredor dos principais achados dos nosos investigadores en satélites, picosatélites, drons, UAV e demais prometedoras tecnoloxías aeronáuticas e aeroespaciais. Unha parte relevante do contido xirou arredor do satélite de observación Solar Orbiter, no que participan profesores e investigadores da Universidade de Vigo.
Máis polo miúdo, a cita contou coa intervención dos profesores Antonio Ferriz, do Departamento de Física Aplicada, e de Fermín Navarro, da Área de Enxeñaría Aeroespacial. Segundo fixeron saber, Solar Orbiter (SolO) é un satélite científico de observación solar desenvolvido pola Axencia Espacial Europea (ESA) coa colaboración da NASA e lanzado en febreiro de 2020 co obxectivo, segundo a ESA, de observar “rexións ata agora descoñecidas do sol, incluídos o seus polos”, e desvelar algúns dos grandes segredos que restan por descubrir do astro rei, como a formación do vento solar ou a orixe do seu campo magnético.
Antonio Ferriz explicou durante a súa intervención como desde o ano 2008 forma parte do grupo de investigación Física Solar do Instituto de Astrofísica de Andalucía, en Granada. Este grupo, indicou, “adícase fundamentalmente ao estudo dos campos magnéticos solares desde tres puntos de vista: o teórico, o observacional e o instrumental”. En relación coa parte instrumental, detallou, o grupo de Física Solar ocupouse no proxecto Solar Orbiter do deseño, desenvolvemento e construción do instrumento SO-PHI (Polarimetric and Heliosismic Imager for Solar Orbiter).
Ferriz tamén fixo saber que SO-PHI é o instrumento “máis grande e importante dos dez que forman parte dos experimentos da misión espacial Solar Orbiter”, e ten o cometido de medir o campo magnético solar e as velocidades do plasma na fotosfera solar.
No desenvolvemento deste instrumento tamén estiveron involucrados o Instituto Max-Planck de Investigación do Sistema Solar (Göttingen) e o Instituto de Física Solar de Friburgo, ambos en Alemaña.
Pola súa banda, Fermín Navarro, profesor tamén da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo do Campus de Ourense, explicou como desde 2007 ata 2013, mentres traballaba no Instituto de Microgravedad Ignacio da Riva da Universidade Politécnica de Madrid, participou no deseño do control térmico de varios instrumentos que se atopan a bordo de Solar Orbiter, agrupados co nome de Energetic Particle Detector, durante distintas fases da misión. “Entre eles, no que tiven máis dedicación foi no de Electron Proton Telescope-High Energy Telescope, facendo ademais do deseño do control térmico do instrumento, a validación do modelo térmico cos resultados dos ensaios en cámara de baleiro-térmica”, explicou o profesor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?