Por mor do espallamento do COVID-19 e co obxectivo de non contribuír á proliferación do andazo, seguindo as recomendacións do Goberno galego e do Ministerio de Sanidade de adiar as actividades colectivas, a Asociación Amigus cancelou a nova sesión do Amigus Kids Labs (un obradoiro sobre a placa libre Arduino orientado á introducir á rapazada no universo maker) prevista para o 21 de marzo.
Amigus emitiu un comunicado no que lamenta esta cancelación pero, sinalan os seus membros, “a situación sanitaria na que se atopa o país implica a adopción de medidas responsables e previsorias para evitar a propagación do coronavirus”. A intención do colectivo é poder realizar a quedada tan axiña como a situación se normalice, “polo que nese caso avisarase para que todas as persoas que estean interesadas en participar teñan praza asegurada”.
O obradoiro estaba previsto para o vindeiro 21 de marzo con horario de mañá e de tarde, estando dirixido a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 6 e os 16 anos.
Amigus cancela nas Pontes o obradoiro previsto para celebrar o Arduino Day
Compartir Este Artigo

