A Deputación de Lugo emitiu este luns 16 de marzo un comunicado para informar á cidadanía da súa aposta case integral polo teletraballo do persoal da entidade, como medida de choque contra o avance do COVID-19 e co fin de garantir o mellor funcionamento posible da institución e do seu servizo á cidadanía. No comunicado faise saber que se reducirá ao mínimo imprescindible o traballo presencial e que se apostará polo labor a distancia baseado no uso das novas ferramentas e comunicacións e pola atención telefónica. Así se acordou no decreto asinado hoxe polo presidente da Deputación de Lugo, José Tomé.
No decreto lémbrase que o que se busca é “compatibilizar o mantemento das funcións básicas da institución provincial coa obriga de minimizar os riscos de contaxio ante a emerxencia de saúde pública provocada polo coronavirus COVID-19”. Deste xeito, explícase, “todo o persoal cuxas funcións o permitan prestará servizo dende o seu domicilio e o persoal que ten funcións básicas para garantir o funcionamento da institución que deba desempeñalas de forma presencial farao por quendas”.
A Deputación aplica a fórmula do teletraballo á maioría do persoal
Compartir Este Artigo

