
Noa Innova, consciente de que os empregos en moitos sectores “van sufrir a consecuencia desta pandemia” e de que multitude de traballadores “veranse obrigados a ficar nos seus domicilios”, fixo un esforzo especial en posibilitar que os dous milleiros de bolsas non tivesen “custe algún”, nin para os traballadores nin para as empresas.
As axudas postas en marcha pola empresa lucense poderanse cursar a través dunha plataforma propia (da que temos informado en Código Cero con motivo do seu lanzamento) que funciona 24 horas ao día, 7 días á semana e é apta para dispositivos móbiles.
As temáticas dos cursos céntranse no ámbito das novas tecnoloxías, a innovación dixital, o ecommerce, a mercadotecnia, a programación, o talento, a cultura e a empresa dixital, así como os idiomas, a xestión empresarial, a loxística, as habilidades brandas e as relacións humanas eficaces. Segundo informa a empresa, todas as actividades formativas son de alto nivel e aplicables ao posto de traallo.
As persoas interesadas poden solicitar máis información e condicións para formalizar a matrícula a través da web de Noa Innova, ou do correo eléctrico formación@noainnova.com.
A tecnolóxica lucense Noa Innova achega formación de balde aos traballadores confinados
Compartir Este Artigo

