Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo reforza a comunicación do seu servizo de teleasistencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo reforza a comunicación do seu servizo de teleasistencia

Redacción
Publicado: 17/03/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

deputacion_lugo_boton_vermello.jpgAnte a ameaza do COVID-19 e as restricións e illamentos forzosos derivados do estado de alarma decretado polo Goberno central e co obxectivo de seguir dando o mellor servizo posible a persoas maiores, a Deputación de Lugo vén de fortalecer a comunicación do seu servizo de asistencia, simbolizado co botón vermello de chamada. E faino cunha campaña con recomendacións, medidas e cuestións a ter en conta para contribuír a frear a propagación do coronavirus. En total, serán obxecto deste fortalecemento na atención na comunicación 1.302 persoas maiores da provincia.
A campaña, entre outras cuestións, inclúe chamadas ás persoas usuarias para lembrarlles que dispoñen dun teléfono de información centralizado relativo á enfermidade, facilitarlles recomendacións de hixiene e protección, e dar consellos adaptados a esta nova situación aos seus coidadores. Ademais, farase un seguimento específico no caso de que usuarios deste servizo tiveran que realizar a proba do coronavirus, intensificando as chamadas para comprobar a evolución da sintomatoloxía.
Por outra banda, segundo informou a Deputación estableceuse un protocolo de seguimento especial no caso de que usuarios e usuarias tivesen que someterse a un illamento por posible diagnóstico de COVID-19. Neste caso, explica a entidade, “farase un control telefónico continuado, chamando de forma diaria durante 14 días para coñecer o seu estado de saúde e comprobar se houbo unha mellora ou empeoramento”.
O presidente da Deputación, José Tomé, explicou que “queremos que os nosos maiores non se sintan sós, teñan a información necesaria sobre esta nova enfermidade e saiban que deben facer no caso de sentir algún dos síntomas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?