Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo achegará ao alumnado un catálogo de salas virtuais en directo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo achegará ao alumnado un catálogo de salas virtuais en directo

Redacción
Publicado: 18/03/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_teledocencia.jpgA Universidade de Vigo, ante as circunstancias de restrición e confinamento ás que obriga o estado de alarma do Goberno, reforzou a súa oferta de teledocencia cun catálogo de salas virtuais en directo. Logo dun período de probas levadas a cabo en urxencia polos Servizos Informáticos da UVigo, estes espazos online estarían totalmente operativos a vindeira semana.
A fórmula empregada será a da conexión vía VPN-escritorio remoto ou aplicacións vía web, coa que se conseguirá, en palabras da institución educativa galega, que todos os servizos da UVigo poidan ser atendidos desde casa, “permitindo a continuación do traballo e bo funcionamento da institución, dentro das limitacións impostas por esta situación”. Con estas palabras recoñeceu o vicerreitor de Planificiación e Sostibilidade, José Luis Miguéz, o labor de ducias de persoas que, desde que se decretou o estado de alarma por mor do coronavirus, están a facer posible que a institución manteña a súa actividade.
“É un enorme despregue dun sistema de videoconferencia persoal que ten a estrutura da Universidade e dentro da Universidade os centros, e o que estamos a facer é como un clon do mundo físico no mundo online para que os docentes poidan seguir coa súa actividade”, explica José Luis Míguez, que lembra que se comezou a traballar nesta iniciativa hai unhas semanas a proposta da coordinación de Campus Multimedia-UVigoTV, e ao abeiro do denominado Campus Remoto, que centraliza nun único punto as ferramentas de teledocencia da UVigo.
Segundo engadiu, cunha conexión a Internet, un computador, unha tableta e mesmo un teléfono móbil as e os profesores poden, a través destas aulas virtuais en directo, impartir docencia mediante videoconferencia e con funcionalidades adicionais que lles permiten poñer vídeos, compartir pantalla, amosar power-points ou usar encerados virtuais nos que debuxar.
Pola súa banda, o alumnado ten a súa disposición un chat a través do que poden falar co profesorado, que será o que lles comunique a existencia das súas aulas virtuais.
Un traballo de coordinación coas direccións dos centros
Míguez explicou tamén que neste intre xa se xeraron unhas 20 aulas virtuais por cada un dos centros dos tres campus da Universidade de Vigo, ademais de salas de reunións online, ás que o persoal docente da UVigo pode acceder desde o seu domicilio.
Cos equipos decanais das facultades e as direccións das escolas estes días estase a coordinar a posta en funcionamento das aulas virtuais, que nalgúns casos xa se están a probar, confirmando a súa operatividade. De feito, algúns docentes xa realizaron as súas solicitudes respectando os seus horarios de clase presenciais, garantindo así que non haxa coincidencias a esa hora con outros compañeiros.
A Universidade na nube
Usando os recursos dos que a Universidade de Vigo dotouse a través do proxecto de campus dixital de Campus do Mar, e que están situados dentro do CPD da Universidade, Campus Remoto permite unificar nun punto toda a docencia virtual da Universidade de Vigo, sumando a un recurso xa consolidado e moi empregado pola comunidade universitaria como é FaiTIC, as aulas virtuais nas que agora se está a traballar. “En Campus Remoto vive todo en Internet, é unha web e aí hai un elemento consolidado como é FaiTIC, que é unha peza clave, e agora pretendemos facer unhas aulas, que son unha copia do mundo físico, mediante salas virtuais para que o alumnado atope de xeito máis doado ao seu profesorado”, explica Míguez.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?