Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A provincia de Lugo, co-protagonista da nova tempada de O sabor das margaridas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A provincia de Lugo, co-protagonista da nova tempada de O sabor das margaridas

Redacción
Publicado: 23/03/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O presidente e a deputada de Turismo visitando un día de rodaxe no Pazo de Adai, no Corgo
O presidente e a deputada de Turismo visitando un día de rodaxe no Pazo de Adai, no Corgo
A Deputación de Lugo e os responsables da serie galega O Sabor das Margaridas, un dos grandes éxitos de Netflix de 2019, deron a coñecer este días máis detalles da súa segunda tempada, que aparecerá subtitulada na devandita plataforma de audiovisual en streaming en máis de 30 idiomas e que, ademais, incluirá unha notable presenza de exteriores lucenses (por exemplo a Ribeira Sacra, o Pazo de Adai ou a propia cidade de Lugo). Segundo indicaron, seis capítulos da nova tempada foron rodados na provincia. Estes e outros datos foron dados a coñecer este domingo, coincidindo coa estrea desta nova entrega na TVG. A Deputación de Lugo colabora economicamente coa produción de O Sabor das Margaridas.
O presidente da Deputación, José Tomé, subliñou que colaborar con esta serie da produtora galega CTV supón “unha gran oportunidade para a proxección internacional da riqueza paisaxística e cultural da provincia”, amais “dun xeito moi efectivo de dar a coñecer a nosa terra, de incentivar o turismo”. Tomé Roca tamén tivo palabras para salientar o potencial de produtos audiovisuais como O sabor das margaridas para axudarnos a superar a actual conxuntura de crise: “Esta promoción que fai a Deputación contribuirá a recuperar con forza o impulso turístico da provincia unha vez superada a crise do coronavirus”.
Nova tempada
A nova temporada deste proxecto audiovisual, que durante a súa primeira temporada foi traducido a 30 idiomas, contén seis episodios de 70 minutos con escenas rodadas en varias localizacións da provincia de Lugo, como son o Miradoiro do Duque de Monforte ou o Pazo de Adai do Corgo, entre outras. A serie, rodada en Galicia, pódese ver en 190 países e situouse no top 10 da popularidade oficial de Netflix. Amais, é a sétima serie de fala non inglesa máis vista no Reino Unido e Irlanda desta plataforma xigante do streaming.
O reparto está formado por María Mera, Santi Prego, Noelia Castaño, Rebeca Stones, Sara Sanz e David Seijo. O Sabor das margaridas recibiu o premio á Mellor Serie de Televisión nos XVII Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?