
Impulsando e coordinando a posta en marcha marcha deste servizo atópase Humberto Michinel, catedrático da Universidade de Vigo, que fai saber que a previsión ten unha fiabilidade de arredor do 95%.
Respecto das pautas empregadas, a páxina recolle cada día os datos consolidados de infectados por COVID-19 ás 21.00 h (e subministrados polo Ministerio de Sanidade ás 13.00 h do día seguinte).
A idea de pór en marcha esta ferramenta xurdiu tendo en conta que unha das liñas de investigación “desde hai anos” do Grupo de Enxeñaría Física da Universidade de Vigo, antes denominado Grupo de Óptica Física, “é a dinámica non lineal, que se dá en problemas moi variados, desde o estudo dos tsunamis ou as crises da bolsa ao caos ou a propagación de enfermidades, entre outros moitísimos fenómenos”.
A páxina, sinala o catedrático, comezouse a desenvolver o día 17 de marzo, “cando o Ministerio regularizou a publicación de informes e datos”, e “agardamos que axiña poida deixar de publicar resultados”, amosando o seu desexo de que esta crise se solucione o máis axiña e do mellor xeito posible.
A UVigo lanza unha web coa estimación a dous días vistas do contaxio por COVID-19
Compartir Este Artigo

