
A consulta sobre as capacidades do Sistema Galego de Innovación permitirá que as contribucións achadas poidan aplicarse nun prazo de tempo moi curso en ámbitos como por exemplo novos dispositivos de intervención ou tratamento; solucións innovadoras para fabricación de ventiladores invasivos; equipos de protección individuais ou colectivos (máscaras, cortinas, traxes, gorros, luvas…); detección e destrución do virus, sistemas de desinfección masivos…
En palabras de GAIN, “trátase de achegar solucións innovadoras que poidan ser útiles ás autoridades sanitarias para loitar contra o coronavirus”. A Axencia Galega de Innovación realizará un filtro das propostas que se reciban e achegará financiamento para as que resulten de interese. O prazo límite para achegar as solucións innovadoras é o venres 27 de marzo.
GAIN fai un chamamento ao noso tecido investigador para loitar contra o COVID-19
Compartir Este Artigo

