Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e Cruz Vermella lanzan unha campaña conxunta de solidariedade ante o COVID-19
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e Cruz Vermella lanzan unha campaña conxunta de solidariedade ante o COVID-19

Redacción
Publicado: 23/03/2020
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_cruz_vermella_2.jpgCo fin de achegar máis recursos para loitar contra o avance do COVID-19, a Fundación Telefónica e a Cruz Vermella lanzaron unha iniciativa conxunta, a campaña #Sumafuerzas, que, como indica o seu nome, é unha proposta para sumar apoios económicos e materiais para botar unha man ás persoas en risco ante a pandemia. A iniciativa, enmarcada no plan Cruz Vermella Responde, arrinca cunha doazón por parte de Fundación Telefónica de 500.000 euros, 250.000 euros para espazos de confinamento para persoas sen fogar, e outros 250.000 para bens básicos para persoas vulnerables. Trátase da maior mobilización de persoas e recursos da historia da ONG. Búscase animar a actores sociais e empresariais a colaborar no que xa chaman “unha crise sen precedentes”.
Á dita doazón económica da operadora únese, ao abeiro de #SumaFuerzas, unha campaña de doazóns que Fundación Telefónica lanzou entre os seus empregados e que está aberta a calquera persoa que queira contribuír economicamente Os fondos obtidos destinaranse á entrega de bens básicos a nivel domiciliario ou noutros espazos de confinamento a persoas en situación de especial vulnerabilidade ou ás autoridades xestoras destes espazos.
telefonica_cruz_vermella.jpg Así mesmo, Fundación Telefónica pon a disposición de Cruz Vermella aos seus 13.000 Voluntarios Telefónica de España para o desenvolvemento de tarefas de atención virtual, telefónica ou dixital, e o desenvolvemento conxunto de campañas solidarias ao servizo das necesidades que vaian xurdindo nas vindeiras semanas.
O plan de colaboración entre ambas as organizacións tamén aborda necesidades formativas dos colectivos aos que se dirixe Cruz Vermella. Con esta obxectivo Fundación Telefónica ofrece a plataforma Conecta Emprego, con 20 cursos online gratuítos nas competencias dixitais máis demandadas polo mercado laboral, entre outros Nanogrado Construción 4.0 (alianza con CEOE), Xestión de proxectos con metodoloxías áxiles, Mercadotecnia dixital, Introdución á programación, Analítica web, Habilidades para o emprego, Machine Learning, ou Growth hacking.
No ámbito escolar, ofrece as súas dúas plataformas de formación docente e de competencias STEAM con máis de 600 contidos formativos: Scolartic e STEMbyme.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?