Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés e Vithas ofrecen TV de balde nos hospitais onde colaboran
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés e Vithas ofrecen TV de balde nos hospitais onde colaboran

Redacción
Publicado: 23/03/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

televes_vithas.jpgA companía compostelá Televés e máis o Grupo Vithas, centrado na xestión de hospitais en toda España, veñen de acordar ofrecer a TV de balde nos hospitais onde colaboran (desenvolvendo Televés infraestruturas de telecomunicación de redes e TV en IP) mentres dure a pandemia de COVID-19. En concreto, a medida farase efectiva nos seus hospitais de Vigo e Granada. Nestes momentos de crise sanitaria global, pactaron de maneira inmediata ofrecer os servizos de televisión de forma gratuíta a todos os pacientes ingresados.
O director corporativo de operacións do Grupo Vithas, José Ramón de Fata, resaltou a “dificultade engadida” que implica o confinamento de pacientes do COVID-19 nas súas habitacións, “onde as visitas están prohibidas” e só o persoal sanitario entra puntualmente para realizar os controis necesarios. “A televisión é a principal vía de información e entretemento para estes pacientes”, explicou, engadindo que estas persoas “non só loitan contra os efectos do virus, senón tamén contra a soidade do confinamento”, polo que a televisión convértese nunha “ferramenta terapéutica en tempo de illamento”.
David Serramià, director de Infraestruturas de Comunicación de Televés, incide en que “a televisión segue a ser a principal fonte de información e entretemento en Europa” e que no caso dos pacientes ingresados polo coronavirus “a TDT supón para eles en moitos casos a única xanela ao mundo exterior”. Segundo explica, “Televés quere achegar con esta iniciativa o seu pequeno gran de area na difícil situación que estamos a vivir”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?