Estes días as nosas institucións están en envorcar esforzos en achegar recursos para ternos comunicados, informados, entretidos e, tamén, en forma. A Deputación de Ourense, seguindo esta liña de mitigar os efectos da crise sanitaria do coronavirus e a reclusión forzosa das familias nos fogares, lanzou un programa de adestramento deportivo a través de Internet. Chámase En forma e ten como obxectivo “favorecer o mantemento activo de toda a familia nestes días de confinamento no domicilio”.
A primeira sesión comezou este luns 30 de marzo ás 10.00 horas cunha xeira de ximnasia de mantemento e acondicionamento físico. O programa desenvolverase de luns a venres en dúas sesións: ás 10 e ás 19 horas, esta última sesión, a do serán, máis envorcada ao adestramento en familia.
A cidadanía poderá seguir en liña as actividades a través das redes sociais do Pazo dos Deportes: Facebook (@PazoPacoPazDeputaciondeOurense), Twitter (@PazoPacoPaz) e Youtube (@PazoPacoPaz).
Con esta iniciativa, a Deputación de Ourense ofrece un amplo programa de actividades, que van desde ximnasia de mantemento a baile, pasando por pilates, ioga, step e gap. O programa En forma manterase activo mentres dure o Estado de Alarma, coa finalidade de “favorecer un confinamento máis activo e saudable para a poboación ourensá”.
A Deputación de Ourense activa un programa de adestramento deportivo por Internet
Compartir Este Artigo

