Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CCG achega un percorrido virtual pola obra do arquitecto Domingo de Andrade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CCG achega un percorrido virtual pola obra do arquitecto Domingo de Andrade

Redacción
Publicado: 01/04/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

berenguela_domingo_de_andrade.jpgNa súa liña (que xa vén de antigo pero que se reforzou de maneira intensa coa chegada do Estado de Alarma polo COVID-19) de empregar as contornas tecnolóxicas para levarnos da man a feitos e protagonistas salientables da nosa historia, o Consello da Cultura Galega presentou este 1 de abril, coincidindo co Día as Artes Galegas, un percorrido virtual pola obra de Domingo de Andrade, homenaxeado nesta celebración impulsada pola Academia Galega de Belas Artes Nosa Señora do Rosario. A proposta online do CCG diríxese a contrarrestar o adiamento dos actos presenciais convocados para enxalzar a figura do devandito arquitecto, propondo un itinerario pola súa obra e a súa vida que compense a situación.
Trátase dun traxecto virtual por algunhas das obras clave da súa arquitectura seleccionadas e comentadas por Alfredo Vigo Trasancos, membro da Sección de Patrimonio e Bens Culturais da dita institución e profesor da Universidade de Santiago. Na proposta, Vigo Trasancos achega un roteiro virtual sobre Santiago de Compostela para descubrir in situ cinco obras destacadas do arquitecto. As pezas van desde a Torre do Reloxo, a primeira obra como arquitecto da catedral e todo un fito do xacobeo, ata o Pórtico Real da Quintana. Polo medio, a Cuncha de Praterías, a tripla escaleira de caracol de San Domingos de Bonaval ou a capela do Pilar.
Para contextualizar a importancia de Domingo de Andrade, o portal de divulgación cultural Culturagalega.gal pon en Rede unha serie de reportaxes sobre o barroco ademais dalgún aspecto curioso desta figura, como é a unha receita para fabricar bombas que figura nunha carta que Andrade lle envía ao XI Conde de Lemos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?