Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos recursos para traballar telematicamente
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo pon a disposición dos concellos recursos para traballar telematicamente

Redacción
Publicado: 06/04/2020
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

depu_lugo_pleno_telematico_0.jpgA Deputación de Lugo anunciou esta fin de semana que vai poñer a disposición dos 67 concellos unha serie de recursos para poderen seguir desenvolvendo a súa actividade de xeito telemático. En termos máis concretos, a entidade provincial bríndalles asistencia técnica, asesoramento e colaboración. O obxectivo é que poidan celebrar a distancia plenos, xuntas de goberno e órganos colexiados en xeral, botando man das novas tecnoloxías e garantindo deste xeito a operatividade en Estado de Alarma e, tamén, as máximas medidas de seguridade e protección derivadas da crise sanitaria.
Trátase dun novo servizo gratuíto de cooperación cos municipios baixo demanda a través do departamento de Novas Tecnoloxías da Deputación de Lugo. Segundo fixo saber o presidente José Tomé, “queremos facilitar a xestión municipal con total garantía e seguridade nesta situación de crise sanitaria provocada polo coronavirus COVID-19”.
Tomé tamén tivo palabras para salientar os bos resultados acadados co pleno telemático que se celebrou o 3 de abril, o primeiro na na historia da Deputación de Lugo que se desenvolve pola vía telemática. Agora, a institución provincial ofrece aos concellos “o mesmo protocolo de desenvolvemento operado polo servizo de Novas Tecnoloxías”. Segundo fixo saber, funciona a través dunha aplicación de videoconferencias na Rede que permite conexións entre todo tipo de dispositivos (ordenadores de sobremesa e portátiles, teléfonos móbiles ou tabletas). “Trátase”, dixo, “dunha ferramenta doada de usar e intuitiva”.
Cada particularidade
O servizo de Novas Tecnoloxías da Deputación estudará a particularidade de cada consistorio solicitante e recomendaralle a solución tecnolóxica “máis acorde coas súas características e medios dispoñibles. Tomé sinalou que estanse a ofertar varias opcións de colaboración, dende só asesoramento ata facer un seguimento de toda a sesión e a retransmisión por streaming a través da canle de YouTube do Servizo de Audiovisuais da Deputación de Lugo.
Con esta nova medida, a Deputación continúa adoptando as decisións ao seu alcance para “cooperar cos concellos na loita para paliar os efectos da crise sanitaria, axudándolles a que podan seguir traballando, coa maior normalidade posible, en todos aqueles trámites que teñen como obxectivo a mellor atención á veciñanza.
O soporte técnico ofrecido pola Deputación permite ós concellos que poidan continuar celebrando, “de maneira segura e eficaz”, todas aquelas sesións de órganos colexiados que resultan importantes ou mesmo imprescindibles “para sacar adiante trámites, procedementos ou medidas que inciden no benestar da cidadanía e no impulso da actividade económica do municipio”, explicou o presidente, engadindo que a Deputación responde con esta iniciativa á súa función esencial como “Concello dos Concellos”, un instrumento clave de cooperación e integración.
Tomé tamén dixo que a asistencia para celebrar órganos colexiados vía telemática súmase á que “xa vén ofrecendo a Deputación de maneira habitual en materia xurídica, de recursos humanos ou económico-financeira, entre outras moitas liñas de colaboración”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?