Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Espazo Compartido da UDC lanza un vídeo para animar á comunidade universitaria no seu confinamento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Espazo Compartido da UDC lanza un vídeo para animar á comunidade universitaria no seu confinamento

Redacción
Publicado: 08/04/2020
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

espazo_compartido_video_covid.jpgA comunidade de estudantes e docentes da UDC está a impulsar iniciativas para mitigar as consecuencias do Estado de Alarma e o confinamento, poñendo o foco en achegar folgos, solidariedade e ánimo ás pantallas dos nosos dispositivos. Sen ir máis lonxe, a comunidade do programa Espazo Compartido da Universidade da Coruña vén de elaborar un vídeo, Espazo Compartido en corentena, dirixido a todo o colectivo universitario da UDC, ao que lle envía unha mensaxe de ánimo e estímulo ao tempo que lle transmite a súa propia percepción da situación de confinamento.
Segundo apunta a coordinadora do curso e investigadora do Centro de Investigación TIC (CITIC), Thais Pousada, “a adaptación á nova realidade non é doada para ninguén, pero está claro que é un reto en si mesmo porque nos está a preparar para asumir responsabilidades no futuro e ter unha maior capacidade de resolución de problemas, así como ter unha perspectiva diferente da aprendizaxe desde as nosas casas”.
Dende o Espazo Compartido engaden que amais do devandito vídeo, estanse a poñer en marcha máis actividades para contribuír á continuidade formativa, divulgativa, integradora e dinamizadora da UDC, por exemplo clases e titorías virtuais para preparar ao alumnado na futura inserción laboral. Esta liña de actividade podémola consultar ao detalle no seu Facebook.
Para quen non o saiba, Espazo Compartido é un programa promovido pola Universidade da Coruña de formación en habilidades persoais, sociais e competencias básicas, para a empregabilidade e o fomento da inclusión laboral de persoas novas con discapacidade cognitiva. Recibe o apoio da Fundación ONCE, do grupo Banco Santander – Universia e do Consello Social da UDC.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
Volve o concurso escolar Memes polo galego da man da Fundación Carlos Casares
Actualidade
6 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Vitae e Carlos J. Escudero mostran as utilidades produtivas de Claude IA no noso traballo diario
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Novo número da nosa edición impresa

24/11/2026
ActualidadeVIDEOXOGOS

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie

24/11/2026
Actualidade

A Xunta promociona a feira Mindtech no exterior

24/11/2026
Actualidade

A web Camino Ahora reúne os 450 albergues dos Camiños en Galicia con datos públicos da Xunta

24/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?